InicioEconomíaOs viaxeiros de Lugo aforran desde este martes máis dunha hora no...

Os viaxeiros de Lugo aforran desde este martes máis dunha hora no AVE a Madrid

Está previsto que a entrada en funcionamento do ERMTS reduza en media hora o traxecto entre a capital e Zamora

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os viaxeiros con orixe ou destino en Pontevedra e Lugo aforrarán máis dunha hora na súa conexión ferroviaria con Madrid tras a posta en funcionamento do tramo de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería, que se producirá este martes tras a súa inauguración por parte do ministro José Luís Ábalos este luns nun acto na estación de Otero de Sanabria.

“A partir de mañá todas as cidades de Galicía se beneficiran dun aforro de tempo e Lugo e Pontevedra, especialmente” aseverou Ábalos, que se referiu a que o servizo ferroviario experimentará un “cambio substancial a mellor” que continuará “neste camiño coas melloras adicionais” nas que se está traballando.

Outra das cidades que se beneficiará das melloras nos tempos será Vilagarcía de Arousa e a comarca do Salnés, “que verán satisfeita unha reivindicación histórica” de ter unha conexión directa con Madrid cun prazo de viaxe “competitiva”.

O aforro concreto será dunha hora e 26 minutos entre Madrid e Pontevedra; unha hora e dous minutos para Lugo; 41 minutos para Santiago de Compostela; 39 minutos para Ourense; 31 minutos para Vigo; e 24 minutos para A Coruña.

Ademais, o ministro destacou que desde este martes engádese un novo servizo de Madrid a Santiago, Vilagarcía e Pontevedra “sen prexuízo de seguir recuperando servizos de forma anticipada” á recuperación da demanda segundo se vaian captando usuarios, asegurou o ministro, que recoñeceu que son as peticións neste sentido as que lle chegan de boa parte dos territorios, “recuperar as frecuencias de antes da pandemia”.

Así mesmo, está previsto que a entrada en funcionamento do sistema de seguridade ERTMS nivel 2 entre as localidades de Olmedo (Valladolid) e Zamora supoña un aforro próximo ao trinta minutos para a conexión entre Madrid e Zamora, aínda que iso aínda non se reflicte nos itinerarios de Renfe.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...