InicioMovementos sociaisA folga de Alcoa arrinca co 100% de seguimento

A folga de Alcoa arrinca co 100% de seguimento

A xornada de protesta empezou con barricadas nocturnas e a queima do cartel da multinacional á entrada da fábrica, así como co corte da vía de tren.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os obreiros de Alcoa San Cibrao celebran este mércores, primeiro de xullo, unha folga cun seguimiento do “100%” contra o despedimento colectivo na planta de aluminio, nunha xornada de protesta que comezou con barricadas nocturnas e a queima do cartel da multinacional á entrada da fábrica, así como co corte da vía de tren que discorre pola factoría co uso de pedras e troncos.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, salienta o apoio total á folga dos persoais das fábricas de aluminio e alúmina, así como de auxiliares, á vez que agradece o apoio de establecementos da comarca coa peche das súas portas.

“Sabemos que nos apoian os comercios e autónomos e os empresarios da Mariña Lucense, incluídos os Concellos de XoveCervo e Viveiro que tamén puxeron día de folga para hoxe”, apunta. O goberno local viveirense fletou un autobús para a concentración que se celebrará este mércores en Santiago de Compostela.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...