InicioEconomíaBares e comercios locais facturan máis de 14.000 euros en dez días...

Bares e comercios locais facturan máis de 14.000 euros en dez días a través da web ‘Abrindo Lugo’

A plataforma reúne uns douscentos establecementos que venden bonos que poderán ser consumidos tras o estado de alarma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comercio e a hostalaría local da cidade de Lugo facturou 14.360 euros durante os dez días nos que leva aberta a plataforma de venda de bonos ‘Abrindo Lugo‘. A web, que foi impulsada polo Concello en colaboración coa Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Hostalaría, reúne uns 200 establecementos que procuran liquidez en tempos de coronavirus.

En pouco máis dunha semana, vendéronse case 400 bonos que se poderán consumir unha vez remate o estado de alarma e chegue a “nova normalidade”. Ademais, recadaron máis de 360 euros a través de tíckets solidarios, cos que a cidadanía axuda a comerciantes e hostaleiros. A cantidade de diñeiro obtida, que permite ter ingresos malia estaren pechados, xa lles foi abonada.

Segundo comentou o concelleiro de desenvolvemento local e emprego, Mauricio Repetto, “quedou claro que o compromiso dos lucenses é claro, amplo e firme”, porque colaboraron “sen dubidalo” co comercio lucense. O importante, abundou, “é a posta en valor do pequeno comercio” como “elemento diferenciador” da cidade e veciños.

“Estamos a desexar volver á nova normalidade”, manifestou o concelleiro, que celebrou “a acollida que tivo a iniciativa entre todos os lucenses”. A plataforma continúa en funcionamento e aberta á adhesión de novos comercios.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...