InicioEconomíaO xeodestino dos Ancares-Courel traballa na reactivación do turismo trala crise

O xeodestino dos Ancares-Courel traballa na reactivación do turismo trala crise

A Xunta prepara un plan para impulsar este sector, no que a día de hoxe se contan máis de 1.300 ERTEs na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ante a parálise causada pola crise do coronavirus, o turismo érguese como un factor para reactivar a economía dalgunhas áreas. Para o caso da provincia de Lugo, a Xunta traballa nun plan de recuperación canda os representantes dos xeodestinos da Mariña, Ribeira Sacra, Ancares-Courel e o xoeparque Montañas do Courel.

Segundo o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nas últimas semanas presentáronse na provincia 1.326 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTES) procedentes de empresas do sector turístico. Todos eles, agás un, foron aceptados, tal como sinalou. Desta maneira, cóntase un total de 4.830 traballadores afectados, dos cales 4.745 teñen suspensión de contrato e o resto, redución de xornada.

Reunión telemática entre o delegado da Xunta en Lugo e os representantes dos xeodestinos da provincia | AXL

Con este panorama, a Xunta propón “traballar na promoción de Lugo como destino seguro” para darlle pulo ao sector. Entre as primeiras medidas, subliñou o desenvolvemento dun plan de seguridade hixiénico-sanitaria para intensificar a confianza de traballadores e usuarios, ou o Plan de teleformación a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Podes ler máis información no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...