InicioEconomíaEmpresas lucenses presentan 104 solicitudes de ERTE que afectarían a 505 traballadores

Empresas lucenses presentan 104 solicitudes de ERTE que afectarían a 505 traballadores

A nivel galego, 630 empresas pretenden aplicar este procedemento, que permite a suspensión temporal dos contratos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na provincia de Lugo presentáronse ata este mércores un total de 104 expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes), que afectarán a un total de 505 traballadores, segundo confirmou a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A nivel da comunidade autónoma, 630 empresas -con 5.187 obreiros afectados- presentaron ata hoxe unha solicitude para realizar este procedemento que permite suspender de forma temporal contratos aos traballadores ou reducir a xornada laboral.

O pasado luns, a Xunta de Galicia contabilizaba 184 solicitudes, o que dá unha idea da incidencia económica do coronavirus e tamén do incremento deste tipo de medidas despois da normativa aprobada polo Goberno central para axilizar os Ertes.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...