InicioEconomíaUns mil traballadores de Alcoa maniféstanse en Lugo: "Está no aire o...

Uns mil traballadores de Alcoa maniféstanse en Lugo: “Está no aire o futuro da Mariña e de toda a provincia”

Traballadores entraron na sé da Deputación, onde rexistraron simbolicamente as alegacións presentadas ao estatuto das electrointensivas, e reclamaron "unha solución" para aluminio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Preto dun milleiro de obreiros da factoría que a Alcoa ten no municipio lucense de Cervo, apoiados por empregados das empresas auxiliares que prestan servizo a esa fábrica, manifestáronse este mércores na cidade de Lugo para esixir cambios no estatuto das electrointensivas presentado polo Goberno que garantan a viabilidade das grandes industrias electrointensivas. A multinacional puxo en cuestión a planta de aluminio do complexo industrial de San Cibrao, que ve “inviable” despois de que os ingresos en materia de interrompibilidade caesen “un 90%”.

A manifestación partiu da estación de autobuses de Lugo, para finalizar despois na Praza de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, onde este mércores se debate unha moción presentada polo Partido Popular (PP) para que a institución provincial inste ao Goberno de España a aceptar as alegacións ao estatuto presentadas polo comité de empresa. Ao inicio do pleno, o presidente, José Tomé, e a popular Elena Candia protagonizaron un breve desencontro a fío deste asunto.

Os traballadores lamentaron que “está no aire o futuro e a prosperidade de toda unha comarca. A supervivencia de toda A Mariña lucense e tamén de Lugo”.  Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...