InicioEconomíaGalicia Baleira pide "servizos de calidade" para evitar a "sangría demográfica"

Galicia Baleira pide “servizos de calidade” para evitar a “sangría demográfica”

A Xunta insiste en que "aposta por un medio rural vivo e dinámico e con actividade económica"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da plataforma Galicia Baleira, Jesús Vázquez, que agrupa máis de 400 asociacións de veciños das provincias de Lugo e Ourense, defendeu este venres ante o conselleiro de Medio Rural, José González, que para evitar “a sangría demográfica” hai que contar con “servizos de calidade” no rural.

Así o manifestou antes de manter este venres un encontro na Delegación da Xunta en Lugo, coa presenza tamén do delegado territorial, José Manuel Balseiro. Vázquez destacou que “para asentarse no rural, para fixar poboación, para evitar a sangría demográfica hai que ter servizos públicos e servizos de calidade no rural”.

Ademais, outra reivindicación pasa por contar “cunhas infraestruturas acordes para que a xente quede no rural”. “E hai unha terceira pata que sería o emprego para que queden os mozos, asenten alí e formen a súa familia”, destacou.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural, José González, agradeceu a esta plataforma de Galicia Baleira “que haxa unha parte da sociedade civil galega que exprese unha preocupación clara” que “tamén”, abundou, ten “o goberno da Xunta polo rural”. “Veño escoitar as súas propostas, que xa advirto que as lin e concordo en moitas delas. Paréceme que nós estamos aquí nesas propostas”, afirmou.

ACTIVIDADE RENDIBLE

En canto “ao futuro”, o conselleiro asegurou que o Goberno galego “aposta por un medio rural vivo e dinámico, e con actividade económica”. “Nós defendemos a necesidade dunha actividade agrícola, gandeira e forestal rendible, con prezos xustos que se constrúan a partir dos custos de produción con marxes de beneficio. Esa tamén é unha demanda que lle facemos ao goberno central”, concluíu José González.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...