InicioEconomíaSupermercados Dia pacta unha suba do 6'8% no soldo dos seus empregados...

Supermercados Dia pacta unha suba do 6’8% no soldo dos seus empregados en Lugo

Os sindicatos pactaron un preacordo polo que se lles aumentará o salario nun 4'63% durante o 2020 e nun 2'19% no 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cadea de supermercados Dia alcanzou un preacordo cos sindicatos Fetico, CCOO e UXT FeSMC polo que pactou unha subida de ata o 6,8% de soldo nos dous próximos anos para algúns dos seus empregados, entre os que se atopan os da provincia de Lugo.

En concreto, neste preacordo, que afectará a 16.000 traballadores da compañía, unificáronse os módulos A e B nun único, que terá un salario para 2020 de 13.700 euros, e para o 2021 de 14.000 euros, segundo informaron a Europa Press fontes sindicais.

Desta forma, os traballadores de Dia en Castelló, Palencia, Sevilla, Dos Hermanas, Conca, Xaén, Avila, Ourense, Lugo, León, Soria e Huesca terán un incremento salarial dun 4,63% en 2020 e un 2,19% en 2021, un 6,82% máis nos dous próximos anos.

Pola súa banda, os empregados da firma en Asturias, Tarragona, Madrid, Xirona, Alacante, Valencia e Cantabria rexistrarán unha suba do 2,69% en 2020 e do 2,19% en 2021, o que supón un incremento nos dous anos dun 4,88%.  Para o resto de módulos, que afecta os traballadores das demais provincias -entre as que están A Coruña e Pontevedra-, o incremento salarial será dun 1,1% para este ano e do 1% para 2021.

GRATIFICACIÓN EXTRAORDINARIA

No preacordo pactouse tamén unha gratificación extraordinaria de 100 euros en compensación por 2019 aos traballadores que teñan un salario anual fixo ou inferior aos 23.000 euros.

Sindicatos e patronal tamén acordaron o mantemento da xornada laboral actual de 1.784 horas, así como do mantemento do 100% do salario en caso de IT.

Respecto do salario variable, tamén se fixou garantir o tramo 2 a todos os traballadores que actualmente o perciben, sen necesidade de avaliacións, converténdose así en fixo durante a vixencia do convenio. Da mesma maneira garántese o tramo 4 a todos os traballadores que o percibiron durante seis meses no ano anterior.

Desta forma, os sindicatos valoraron de forma “positiva” a firma deste preacordo, xa que sinalan que “cumpre as expectativas” que se marcaron ao principio desta negociación, tendo en conta a “difícil situación” que actualmente atravesa a empresa.

Pola súa banda, Dia quixo agradecer o “espírito de colaboración” dos axentes sociais co ánimo de chegar a este acordo, que supón un “fito moi importante” para a compañía e os seus traballadores.  Desta forma, a cadea de supermercados subliñou que os acordos alcanzados “reflicten a confianza de todos por un futuro sustentable e a aposta por este proxecto de cambio”.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...