InicioEconomíaLugo, a provincia con maior descenso de cotizantes á Seguridade Social de...

Lugo, a provincia con maior descenso de cotizantes á Seguridade Social de Galicia

Os datos de Galicia son peores á media do estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Seguridade Social pechou novembro cun descenso medio de 3.860 afiliados (-0,38%) en comparación co mes anterior, ata situar o total de cotizantes en 1.023.590 persoas.

De acordo cos datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, son 13.719 afiliados máis que no mesmo mes de 2018, o que supón un incremento do 1,36%. Este ritmo de retroceso en Galicia (-0,38%) é superior ao de baixada no conxunto estatal (-0,27%). A Seguridade Social pechou o mes de novembro en España cun descenso medio de 53.114 afiliados, o seu maior retroceso neste mes desde o exercicio 2013, cando a ocupación baixou en case 67.000 persoas.

Por provincias, a diminución máis acusada prodúcese en Lugo (-1,12% e 1.395 persoas menos); seguida por Ourense (-0,55% e 577 afiliados menos); Pontevedra (-0,36% e 1.277 persoas menos) e A Coruña (-0,14% e 612 afiliados menos).

Na distribución por réximes, o xeneral contabiliza 792.404 afiliados (repartidos entre 792.404 do subtipo xeral, 5.379 do sector agrario e 25.997 do fogar). Mentres hai 209.563 autónomos e 21.622 persoas no do mar.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...