InicioEconomíaFomento renova as obras de conservación dos viadutos de Silvela e Noceda,...

Fomento renova as obras de conservación dos viadutos de Silvela e Noceda, na A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento renovou este martes os traballos de conservación nos taboleiros dos viadutos de Silvela e Noceda da Autovía do Noroeste (A-6). O orzamento desta actuación é de 1,6 millóns de euros.

Os traballos iniciáronse o pasado 29 de abril, pero interrompéronse durante os meses dos meses de xullo e agosto para non causar afección ao tráfico durante o verán.

Para a execución da segunda fase dos traballos habilitarase de novo, a partir deste martes, o desvío provisional do tráfico entre os quilómetros 436 e 438 da A-6, nos que o tráfico será bidireccional.

Por mor destas obras, deberá restrinxirse o tráfico dos usuarios da A-6 na súa incorporación cara á N-V en Doncos, Noceda (As Nogais), en sentido A Coruña, movemento que poderá ser realizado na ligazón previa e adxacente de Pedrafita do Cebreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha muller en Vilalba tras sufrir unha descarga eléctrica coa toma dun tractor

O 112 informou do falecemento dunha muller no concello lucense de Vilalba tras sufrir...

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...