InicioEconomíaA Xunta despexa 1.490 quilómetros de estradas en Lugo

A Xunta despexa 1.490 quilómetros de estradas en Lugo

A limpeza das marxes mellora na seguridade da circulación, optimiza a drenaxe, mellora a eficacia da estrada como cortalume, e disuade de verquidos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) rematará neste mes de xuño a limpeza nas marxes dos 1.490 quilómetros da rede autonómica de estradas de Lugo. Dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, o departamento da Xunta investiu 808.000 euros na campaña, iniciada en maio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou o esforzo inversor para a roza da vexetación. A intervención comezou en maio nas zonas onde a vexetación, por particularidades climáticas ou biolóxicas, presentaba un estado máis avanzado.

Estes traballos realízanse anualmente entre a primavera e o verán cando xa xerminaron as especies herbáceas, con tempo seco. Consisten na sega da vexetación e a extensión de herbicida para atrasar no posible a aparición de novas plantas.

A limpeza das marxes procura en primeiro lugar a mellora na seguridade da circulación, mellorando a visibilidade –por exemplo, para dar maior tempo de reacción ante os animais que irrumpen na calzada– e a presenza de materia potencialmente esvaradiza. Tamén optimiza a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe das vías, evitando estancamentos por vexetación. Por último, incrementa a efectividade da estrada como cortalume en caso de incendio, e o aspecto despexado disuade de posibles verquidos incontrolados.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Xulgan en Lugo un home ao que lle acharon máis de 16 quilos de cocaína e 9,5 de heroína

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 8 de setembro,...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...