InicioDeportesFrancisco: "Fomos valentes sempre"

Francisco: “Fomos valentes sempre”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Deportivo Lugo xogará mañá a última xornada de liga recibindo á U.D. Almería no estadio Ángel Carro a partir das 20:30 horas. Francisco Rodríguez, primeiro adestrador, compareceu en rolda de prensa.

O Almería precisa sumar para salvar a categoría. “Non creo que sexa o Club Deportivo Lugo ou Francisco o que mande ao Almería ao pazo. Mañá, ao acabar o partido, cada un estará onde debe estar”, respondeu.

Francisco destacou que “o equipo competeu en todos os partidos” cunha “imaxe boa”. Lembrou que “o respecto á competición é enorme”. “A tempada fíxosenos bastante longa. Somos realistas. Fai un mes que o equipo deixou de competir por eses seis primeiros postos cos que se soñou en decembro. Temos un debe coa nosa afección durante todo o ano. Queremos rematar cunha sensación boa, que vexan un equipo que compite e sacar eses 57 puntos”, resumiu. “Podémosnos mirar á faciana. Fomos valentes sempre, aínda que non cheguemos onde queriamos”, engadiu logo.

Declarou que acadar os 57 puntos, que sumará o equipo de gañar mañá superando o tope histórico do equipo en Segunda, sería “unha cifra importante” que queremos “todos”.

O adestrador albivermello explicou que o central José Carlos é baixa mañá por sanción, así como teñen diferentes molestias o central Luis Muñoz e os dianteiros “Chuli” e Mario Barco. Sobre Barco, opinou que é “difícil” que mañá poida xogar.

Roberto xogará mañá

Francisco confirmou que mañá “vai xogar Roberto” Fernández, porteiro do Lugo que anunciou a súa retirada este mediodía e que mañá vai competir no seu derradeiro partido coma profesional. “Merécese ese premio de xogar, divertirse, irse con boas sensacións e despedirse como se merece”, explicou. O adestrador andaluz acudiu á rolda de prensa na que Roberto anunciou a súa retirada. Roberto seguirá vencellado ao club na súa estrutura. “Quixemos estar con el”, subliñou. Calificou de “emotiva” a comparecencia de prensa do porteiro lucense.

Futuro

Francisco ten unha tempada máis de contrato, máis véncellano ao Granada C.F. como futuro adestrador. “Mañá remata a tempada e despois falaremos o presidente máis eu. Os dous sabemos o que queremos”, contestou. “Tomaremos esa decisión en breve”, comentou despois.

Foto de laliga.es

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...