InicioDeportesO Breogán cesa a Natxo Lezkano coma primeiro adestrador

O Breogán cesa a Natxo Lezkano coma primeiro adestrador

O técnico chegou ao club lucense en 2016 e acadou o ascenso á Liga Endesa despois de 12 tempadas en LEB Ouro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán comunicou o cese de Natxo Lezkano coma primeiro adestrador. Os lucenses entraron onte ao mediodía en descenso despois da vitoria de UCAM Murcia contra Tecnyconta Zaragoza e trala derrota do Breogán en Donosti o sábado contra Gipuzkoa Basket (100-65).

Natxo Lezkano chegou ao club no verán de 2016. Ascendeu ao equipo lucense á Liga Endesa en 2018 despois de 12 tempadas en LEB Ouro. Tamén conquistou a Copa Princesa e a Copa Galicia en 2018. Na súa primeira tempada (2016-17), o equipo rematou segundo na liga regular e foi eliminado en semifinais polo ascenso. Na actual campaña, sumou 7 vitorias, 6 delas no Pazo, entre elas ao Real Madrid, Movistar Estudiantes e Obradoiro.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...