InicioDeportesO Club Deportivo Lugo acada un punto moi meritorio en Cádiz (1-1)

O Club Deportivo Lugo acada un punto moi meritorio en Cádiz (1-1)

Os lucenses adiantáronse cun gol do dianteiro compostelán Manu Barreiro, pero o Cádiz igualou cun golazo de Manu Vallejo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou na súa visita a Cádiz (1-1). Os lucenses contaron coas novidadades no once titular do lateral dereito Eduard Campabadal, o lateral esquerdo Luis Ruiz, o mediocentro Sergio Gil, o mediapunta Juan Muñiz e o dianteiro Manu Barreiro. Barreiro xogou coma único dianteiro con Cristian Herrera e Toni Martínez coma suplentes. José Carlos Ramírez, lateral esquerdo nas recentes tres xornadas, foi titular coma central polas molestias na zona abdominal de “Josete” Malagón. Luis Ruiz non competía dende o 16 de decembro en Almería.

Os lucenses adiantáronse cun gol do compostelán Manu Barreiro no minuto 64, pero os gaditanos empataron cun golazo de Manu Vallejo no minuto 68.

Eduard Campabadal foi expulsado por doble tarxeta amarela no tempo engadido.

Arestora, o Lugo é decimoitavo con 32 puntos, 5 de marxe sobre o descenso trala derrota do Extremadura U.D. en Albacete (1-0).

Barreiro, fichado no mercado de xaneiro, estreouse co primeiro tanto coma dianteiro do club lucense.

 

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...