InicioDeportesA Vicepresidencia da Deputación reforza a súa colaboración coa proba ciclista A...

A Vicepresidencia da Deputación reforza a súa colaboración coa proba ciclista A Fortaleza de Castroverde

A deputada Iria Castro explicou  que “reforzamos o apoio a esta iniciativa, que ademais do seu interese deportivo, dá un gran impulso á difusión do patrimonio de Castroverde e moi especialmente á Torre da Fortaleza”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Castroverde acollerá o vindeiro sábado 16 de maio a terceira edición da Ruta Cicloturista A Fortaleza, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva A Fortaleza Sport. A proba conta con 350 ciclistas inscritos, completando todas as prazas dispoñibles, tanto para os circuitos de BTT (de 30 e 45 quilómetros) como de gravel (de 60 quilómetros), unha modalidade na que foron pioneiros na provincia.

A Vicepresidencia da Deputación apoia un ano máis a organización da proba, cunha achega directa de 5.000 euros e colaboración na programación de actividades previstas o día anterior a proba deportiva: unha xincana (19.00 horas) e concertos das bandas de rock Mügre e Los Villanos (21.00 horas). O mesmo día da proba tamén haberá animacion musical, na meta e na saída, e duranta a tarde, nos bares da localide, con Trasdalomba e Quinteto 555.

A deputada Iria Castro explicou  que “reforzamos o apoio a esta iniciativa, que ademais do seu interese deportivo, dá un gran impulso á difusión do patrimonio de Castroverde e moi especialmente á Torre da Fortaleza” e valorou “a organización de actividades paralelas como unha fórmula para implicar e facer partícipes do evento a toda a veciñanza de Castroverde”

Un gusto de rural, un rural degusto
O programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto  tamén terá presenza na proba. As persoas participantes terán como avituallamento minibocatas de chourizo e salchichón de porco celta da gandería Outeiro de Manzadán (O C), que tamén informará sobre as características da cría desta raza autóctona.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...