Home Deportes Gerard Valentín: “Quería comezar a competir”

Gerard Valentín: “Quería comezar a competir”

0
Gerard Valentín: “Quería comezar a competir”
Gerard Valentín pousa na súa presentación coma novo xogador do Club Deportivo Lugo. Foto de cdlugo.com

Gerard Valentín, novo lateral dereito do Club Deportivo Lugo, foi presentado este mediodía coma nova xogador do equipo lucense cedido polo Real Club Deportivo da Coruña até o 30 de xuño de 2019.

Gerard Valentín afirmou que é un destino que lle “convencía”, “todo o mundo” lle falaba “ben” e gústalle “o seu xeito de xogar”. “Eu precisaba saír de alí porque quería comezar a competir, víame con poucas posibilidades de ter minutos”, reflexionou. Calificou coma “ambiente agradable, que lle gusta ver fútbol” a afección do estadio Ángel Carro.

Emilio Viqueira, director deportivo do Club Deportivo Lugo, respondeu que, agora mesmo, teñen “tres laterais dereitos” porque a lesión de Serge Leuko “vai para máis longo”. Amosou o seu “agradecemento” e “predisposición” “persoal e de club” co R.C. Deportivo da Coruña pola cesión de Gerard Valentín.

Viqueira explicou que “aproximadamente” queren fichar “en cada liña do campo”, entre eles “un ou dous dianteiros”, cuestión que teñen “claro”, así coma “dous temas” coma posibles baixas. Tamén reflexionou que está “asustado de todo o que se fala” con posibles nomes para incorporar ao equipo.

En canto á marcha de Jona Mejía, contestou que “é unha mágoa porque é un gran rapaz e un gran dianteiro“.

 

 

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here