InicioDeportesEduard Campabadal e Luis Ruiz sofren "molestias importantes"

Eduard Campabadal e Luis Ruiz sofren “molestias importantes”

Alberto Jiménez Monteagudo, adestrador do Club Deportivo Lugo, valorou que o Extremadura é "apreta dabondo, presiona moi ben e na perda de balón defende cara adiante"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo, confirmou que Eduard Campabadal e Luis Ruiz sofren “molestias importantes”. “Creo que poden chegar”, comentou. Posteriormente, adiantou que “algún” do filial “seguro ao 100 %” vai ir convocado co primeiro equipo. Os lucenses enfrontaranse ao Extremadura U.D. este domingo no estadio Ángel Carro a partir das 18 horas na derradeira xornada da primeira volta.

O técnico albivermello calificou o partido de “importante” e, “sobre todo”, porque xogan “en casa”. Valorou que “hai partidos entre rivais directos esta xornada” e, de gañar, sería “un paso importante”.

Valorou que o Extremadura é “un equipo que apreta abondo, presionan moi ben e na perda de balón defenden cara adiante”. Subliñou a súa “verticalidade” e “na parte de adiante teñen moi claras as ideas”, así como “non precisa ser protagonista“.

Sobre o traspaso de Bernardo Cruz, respondeu que “é un rapaz que suma sen parar”. “Con ese tipo de persoas hai que ser xusto e, se che piden saír e logo hai unha contraprestación entre clubes, hai que axudarlles”, valorou.

En canto a Vasyl Kravets, contestou que “hai equipos interesados” e “podería derivar nunha saída a un equipo de Primeira”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...