InicioDeportesO Cafés Candelas Breogán fai novamente feliz ao Pazo (85-79)

O Cafés Candelas Breogán fai novamente feliz ao Pazo (85-79)

Os lucenses saen provisionalmente de descenso ao sumar a súa cuarta vitoria, segunda consecutiva e as catro na casa, con acerto exterior e nos tiros libres, así coma unha extraordinaria actuación de Christian Díaz, Salva Arco, Sergi Vidal e Alec Brown

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán gañou a MoraBanc Andorra (85-79), suma a súa cuarta vitoria nesta Liga Endesa, todas no Pazo dos Deportes de Lugo, e segunda consecutiva. Os lucenses saen provisionalmente de descenso.

No primeiro cuarto, o Breogán non pechou o rebote, concedeu 7 rebotes ofensivos, pero conseguiu rematar o primeiro parcial con igualdade (20-20).

No segundo cuarto, tras unha leve vantaxe de Andorra (21-22), os lucenses tiveron un punto de inflexión tras unha tripla de Salva Arco e outra de Christian Díaz (27-21), ámbolos dous novamente decisivos. Tras un parcial andorrano de 0-8 (36-33), tripla de Christian Díaz para chegar ao descanso (39-33).

No comezo do terceiro cuarto, racha breoganista ata estirar a vantaxe até os 11 puntos despois dunha tripla de Sergi Vidal (50-39), que aportou eficacia e temple nos intres decisivos. Cun gancho de Alec Brown, chegábase á maxima diferenza breoganista (52-40). Andorra respondía cun parcial de 0-9 pechado con dous tiros libres de Dylan Ennis (52-49). John Shurna, principal baluarte visitante con 18 puntos totais, anotaba para reducir a distancia a un punto (54-53). E respondía Salva Arco cunha tripla. 5 puntos de Christian Díaz e 3 puntos de Alec Brown volvían estirar a vantaxe lucence ao remate do terceiro período (65-57).

No derradeiro cuarto, unha nova tripla de Arco volvía marcar distancia (70-60). Minutos despois, Andorra colocábase preto (76-71). Sergi Vidal, nun canastón, respondía (78-71). Andorra chegou a colocarse a 3 puntos (82-79), pero Alec Brown decidiu con 3 tiros libres até o 85-79 definitivo.

Alec Brown foi o máximo anotador breoganista con 17 puntos, seguido por Christian Díaz, con 14, e Salva Arco e Sergi Vidal, ámbolos dous con 13 puntos.

ÚLTIMAS

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...