InicioDeportesFrancisco: "O club sabe o que eu penso"

Francisco: “O club sabe o que eu penso”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Francisco Rodríguez, adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa antes de visitar ao Rayo Vallecano no estadio de Vallecas na penúltima xornada da Liga 1|2|3 este domingo dende as 20:30 horas.

Francisco foi vencellado nos últimos días ao Granada C.F., aínda que ten unha tempada máis de contrato co Lugo. Así respondeu sobre esta situación: “Estamos nunhas datas onde o baile de adestradores e xogadores vai ser constante porque moitos equipos están a buscar. A miña intención é rematar a tempada ben, gañar os dous partidos que nos quedan. A partir de aí, teremos que falar de cara ao futuro”. Posteriormente, lembrou que só lle “preocupa o partido de Vallecas”, que “non sería profesional pensar noutra cuestión” e o “club sabe o que eu penso”.

Explicou que Vallecas “é un campo histórico, onde a súa afección apreta sempre e é un partido importante porque se están xogando o ascenso a Primeira”, polo que “é un partido bonito para xogar”.

Reflexionou que o Rayo Vallecano “ten moita xente arriba con moita calidade, moi verticais, todos eles facendo moi boa tempada”, así como centrocampistas como “(Fran) Beltrán e Unai (López), que son dinámicos”.

Sobre o seu equipo, “a semana foi boa” despois do “varapalo” na derrota contra a S.D. Huesca o luns cando “non” estiveron “ben na primeira parte” e os oscenses superáronlles “en moitas facetas”. “Imos tentar ter máis chegada”, adiantou. Lembrou que queren “ser protagonistas, facer gol, ter xente en campo contrario”.  Comentou que Serge Leuko é baixa porque xogará o domingo coa selección de Camerún, así como tamén contará coa ausencia “de Chuli cos problemas de tobillo cos que veu en decembro”.

Análise da tempada

Amosouse “un pouco desilusionado porque o final non foi” o que querían. Engadiu que desde fai “bastante tempo non encadenan dúas vitorias”, pero quixo “agradecer o compromiso”. “Hai sete equipos loitando pola permanencia, están fodidos e nós estamos vivindo outra situación”, opinou.

Reflexionou que “ata decembro era un equipo (o Lugo) moi regular nas súas aliñacións, na súa competitividade, con resultados boísimos”, polo que “o final de liga sería diferente si estivésemos como ao principio”. Na súa opinión, as fichaxes do mercado invernal (Álvaro Lemos, Jaime Romeu e Chuli) “axudaron bastante”.

Foto de laliga.es

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...