InicioDeportesO Lugo perde no ascenso da S.D. Huesca (0-2)

O Lugo perde no ascenso da S.D. Huesca (0-2)

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sociedade Deportiva Huesca ascendeu por vez primeira á Primeira División despois de gañar 0-2 en Lugo. Os oscenses foron superiores durante o primeiro treito de partido. Así, no minuto 6, despois dunha xogada trenzada paseniñamente e con coherencia, Álex Gallar finalizou cun zurdazo colocado para anotar o 0-1. Pase de Gonzalo Melero, Gallar recibe ao borde do área, xira sobre sí mesmo, desfaise de Ramón Azeez e José Carlos, e define con enorme calidade. Catro minutos despois, o Club Deportivo Lugo tiña a súa primeira ocasión nun cabezazo excesivamente cruzado de José Carlos. Segundos despois, o Huesca realizaba un veloz contragolpe creando novamente perigo. Despois dun saque de esquina, o galego David Ferreiro, ex Lugo, dispara dende a frontal e o seu disparo marchaba desviado despois de tocar nun defensa local. No minuto 18, o Lugo volvía a xerar perigo nun saque de esquina que remataba Dani Escriche e desviaba o porteiro visitante Álex Remiro. Remiro, minutos despois, abandonaba o campo por mor do pelotazo recibido nesa xogada e tiña que ser sustituido por Roberto Santamaría. O propio Santamaría tiña que intervir á media hora ao desviar un cabezazo de Iriome. Cristian Herrera non atinou no rexeite. No minuto 32, Juan Aguilera cabeceaba e Roberto desviaba nunha maxistral parada despois dunha falta indirecta botada por Moi Gómez. Dous minutos despois, Roberto realizaba unha saída en falso despois dun saque de esquina. Non obstante, ningún oscense conseguiu rematar. No minuto 38, o Huesca anotaba o 0-2 nun taconazo de Jorge Pulido ao rematar un centro de David Ferreiro, que asinaba a súa décima asistencia da tempada. Pulido anticipouse no primeiro pau a José Carlos.

A S.D. Huesca celebra o ascenso ao carón dos seus afeccionados

No descanso, Sergio Gil entrou por Cristian Herrera. Monólogo albivermello na segunda metade con dominio de balón e chegadas. O Huesca só tivo unha opción cun disparo alto de Gonzalo Melero ao comezo do segundo acto. O Lugo gañou un mediocampista máis con Gil e dominou o encontro dende entón. No minuto 47, Jaime Romero dispara raso e Santamaría para en dous tempos. Dous minutos despois, xogada individual de Vasyl Kravets, protagonista absoluto da segunda metade, con dúas opcións, pero non consigue definir con acerto. No minuto 53, Álvaro Lemos centra e Escriche cabecea desviado cando tiña todo a favor. Segundos despois, é Kravets quen centra, Escriche cabecea mansamente e Santamaría bloca. No minuto 58, nova chegada de Kravets, pero ninguén chega ao remate. Dende entón, dominio estéril do Lugo, que dominou, pero sen ocasións, até que no minuto 91 Chuli rematou un centro de Lemos, que previamente realizara un fantástico autopase sobre Rajko Brezancic, e Santamaría volveu blocar con seguridade.

Fotos de laliga.es

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...