InicioPolíticaO PSOE denuncia que os orzamentos estatais «desprezan e condenan» a Lugo

O PSOE denuncia que os orzamentos estatais «desprezan e condenan» a Lugo

Segundo a formación socialista, os orzamentos «non recollen as necesidades da totalidade da provincia» e «queda claro que Lugo non existe para o PP nin para o seu socio nos orzamentos»

PUBLICADA O

- Advertisement -

Apois da aprobación dos Presupostos Xerais do Estado (PXE), o Partido Socialista fai balance do rédito para a provincia de Lugo e denuncia que «bota en falta investimentos vitais». Así falou o secretario xeral dos socialistas en Lugo, e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, quen aproveitou para lembrar que as enmendas do seu grupo foron rexeitadas malia ser «razonables e sensatas». En semellantes términos expresouse a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pois «os únicos que perden son os cidadáns». Os representantes do PSdeG cargaron duramente contra Ciudadanos polo papel desta formación no apoio aos PXE.

Para Santos, os orzamentos para a provincia «quedan mutilados». Comparou a situación «de cruda crise económica» en que o goberno socialista de Rodríguez Zapatero «orzamentaba para Lugo máis de 178 millóns de euros» coas contas para 2018, «insistindo o Partido Popular na recuperación económica, e o único que ofrecen á provincia son 60 millóns, un terzo».

En palabras do deputado de Relacións Institucionais, faltan «investimentos para o desenvolvemento» e en consecuencia presentaron enmendas que sumaban 33 millóns de euros, co obxectivo de acadar un total de 93 millóns de investimento. «Podiamos presentar enmendas populistas, mais optamos por presentar un número viable e realista para poder avanzar na nosa provincia». Segundo apuntou, o investimento medio dos gobernos socialistas «entre 2008 e 2011 foi de 257 millóns, e dende que goberna o PP baixou a 110». Tamén alertou da baixa execución duns orzamentos «que non recollen as necesidades da totalidade da provincia».

Dende a agrupación socialista critican que para aprobar os PXE foi preciso o voto favorable de Ciudadanos, nun acordo que para Lugo «só significou incorporar 100.000 euros para un estudo de análise da Ronda Norte, non para desenvolvela». «Cando a dereita se alía, á provincia vaille mal –criticou Santos–, a enmenda de Ciudadanos é só unha desculpa. Temos que seguir desenmascarando ao PP e a Ciudadanos, que non é máis que outra dereita que serve de muleta a un Goberno que despreza a Lugo».

«Ciudadanos está a ser un socio das desigualdades», dixo Méndez, igualmente crítica coa formación laranxa. Sobre a voceira de Ciudadanos dixo que «saca peito dicindo que se fixo un gran traballo por traer 100.000 euros a Lugo» e censurou que non apoiara «os 95 millóns do orzamento municipal que si redundarán no concello de Lugo». «Queda claro que Lugo non existe para o PP nin para o seu socio; Ciudadanos blanquea as siglas do Partido Popular», rematou.

Os investimentos que o PSOE bota en falta na contorna de Lugo

– A Intermodal. «Cero euros para o único proxecto que garante que chegue a alta velocidade. Na visita do ministro ninguén falou de prazos, orzamentos ou publicacións no BOE; a resposta é vencellar todo á licitación dun anteproxecto sen máis que boas intencións».

– Alta Velocidade Lugo – Ourense. «Orzamentan 50.000 euros, a mesma cantidade sen executar de 2016».

– Nova comisaría de Monforte. «Só hai un debuxo dunha infografía e as fotos que foron sacando en Madrid».

– Novo cuartel da Garda Civil en Vilalba. «Vella demanda para a cabeceira e zona de maior actividade da comarca».

– Gran Senda do Navia.

– Actuación ambiental no río Eo en Trabada.

– Porto Seco de Monforte.

– Traída de auga na Fonsagrada.

– Recuperación da ruta do tren mineiro entre Villavella e Trabada.

– Dragado da ría de Foz.

– Desdobramento da Ronda Norte. «Nada aparte dos 100.000 euros da enmenda de Ciudadanos para un posible proxecto».

– Ponte no río Cabe en Monforte.

– Pasarela peonil da N-640 nas Gándaras. «Non aparece nada; nin fan nin deixan facer, non nos deixan facela».

– Rotonda na N-VI. «Unha partida ínfima».

– Mellora da N-VI no Corgo.

– Reforzo do cercanías. «Para atender as demandas dos veciños de concellos coma Guitiriz».

– A-72 de Monforte a Chantada.

– A-6 na conexión con Baralla.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...