InicioDeportesFrancisco: "O equipo reforzouse outra vez"

Francisco: “O equipo reforzouse outra vez”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Francisco Rodríguez, adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu este mediodía en rolda de prensa. Os lucenses reciben á S.D. Huesca o luns a partir das 21 horas na xornada 40 de La Liga 1|2|3. Os lucenses son duodécimos con 54 puntos, e buscan apurar as súas opcións de promoción de ascenso, así como superar os 56 puntos de 2013 e a novena posición da tempada precedente.

Francisco afirmou que “Bernardo (Cruz) xa está adestrando” e que “Mario (Barco) empezou a adestrar onte”, aínda que no caso de Barco xogar o luns “quizais sexa precipitado” porque ten “algunha molestia”. Os lucenses sufrirán as baixas de Carlos Pita e Antonio Campillo. Engadiu que Pita “estaba sendo importante en todas as facetas”. “Podemos xogar con tres centrais”, comentou sobre o sistema co que xogaron nos últimas tres partidos e a primeira media hora na pasada xornada.

Reflexionou que a S.D. Huesca, que ascenderá a Primeira División si gaña en Lugo, “vai ser atrevida”, “teñen moita calidade, moita verticalidade, sabe xogar de diferentes xeitos segundo o resultado” e está “moi ben dirixida”. Explicou que deberán “estar moi ben nas vixilancias con Cucho (Hernández), con calquera que xogue arriba”.

“Sempre imos en busca da vitoria. Trataremos de ser dono do balón, de ter a iniciativa”, recordou. “Apetécenos xogar este partido, é bonito de xogar”, recordou. Respondeu que prepararon “ben a semana” e, co empate en León, “o equipo reforzouse outra vez”, así como “sería importante” gañar os dous últimos partidos en casa.

Loubanzas a Roberto

O porteiro lucense Roberto Fernández foi titular por primeira vez en Liga na pasada xornada, aínda que xogara os dous partidos de Copa do Rei en setembro. Reflexionou sobre esta situación: “Ninguén lle regalou nada. Gañoullo no día a día. Actitude e compromiso enormes co club. Púxollo difícil a Juan Carlos e iso fixo que Juan Carlos realizase unha magnífica tempada”.

Respondeu que con Daniel Escriche, autor de dous goles nas últimas catro xornadas, “o equipo ten un pelín de intensidade máis arriba” e “estao facendo fantástico”. Sobre Cristian Herrera, máximo goleador do equipo con sete goles, contestou que “é un xogador dez, xogue ou non xogue fai o mesmo nos adestramentos”.

Foto de cdlugo.com

ÚLTIMAS

Ferida unha muller por arma branca nunha liorta entre catro persoas

Unha muller resultou ferida ao ser alcanzada por unha arma branca durante unha liorta...

Accidente de tráfico en Chantada: bombeiros liberan ao condutor atrapado

Os bombeiros liberaron empregando material de excarceración ao condutor dun vehículo que sufriu un...

Ángeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o de ampliar unha granxa

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, asegura que é "igual de importante" para...

Alfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...