InicioDeportesRemata o soño do Burela F.S. (4-6)

Remata o soño do Burela F.S. (4-6)

Club Deportivo Burela F.S. foi derrotado (4-6) polo Real Betis no segundo partido da fase de ascenso a Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) e, porén, caeu eliminado. Os mariñáns perderan o primeiro partido disputado en Sevilla pola mínima (2-1). Os laranxas tentaban voltar á máxima categoría despois do descenso en 2017

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os laranxas tentaban voltar á máxima categoría despois do descenso en 2017, logo de perder o primeiro partido disputado en Sevilla pola mínima (2-1). No partido disputado esta noite en Vista Alegre, o Burela foi en vantaxe durante nove minutos. Incluso, no minuto 32 gañaban 3-1 despois do segundo gol de Jorge Matamoros, que abrira o marcador tras un dobre penalti no minuto 20. Un par de goles de Roger Bermusell, que anotou tres tantos, en apenas dous minutos, igualaron o partido.

A falta dun minuto, o bético Raúl Gómez anotaba o 3-4 parcial. Poucos segundos despois, Héctor igualaba o encontro para o Burela a falta de novena centésimas do final e forzaba a prórroga. Xa no tempo engadido, Bermusell adiantaba ao Betis. No inicio da segunda parte da prórroga, Raúl Gómez anotaba o 4-6, ao cabo, definitivo.

Burela F.S. 4: Edu; Hélder, Renato, Pope e Héctor. Tamén xogaron Víctor, Chus, Colacha, Luisma e Jorge Matamoros.

Real Betis F.S. 6: Raúl Jiménez; Migo, Roger Bermusell, Aarón e Eric Pérez. Tamén xogaron Jorge Bellvert, Raúl Gómez, Chano e Rubén Cornejo.

Goles: 1-0 de Matamoros no minuto 20. 1-1 de Raúl Gómez no 20´. 2-1 de Chano no 25´. 3-1 de Matamoros no 32´. 3-2 de Roger Bermusell no 32´. 3-3 de Bermusell no 34´. 3-4 de Raúl Gómez no 39´. 4-4 de Héctor no 40´. 4-5 de Bermusell no 42´. 4-6 de Raúl Gómez no 45´.

 

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...