InicioDeportesO C.B. Breogán abriu a lista de espera con preto de 4600...

O C.B. Breogán abriu a lista de espera con preto de 4600 abonados

Quique Fraga, director deportivo breoganista, afirmou que optaron pola "opción conservadora" e "infiltrar" a Henk Norel, mentres son "optimistas" con Lucio Redivo e creen que "é posible que comece a tempada"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Suso Lázare, presidente do Club Baloncesto Breogán, anunciou que o club superou os “4500 abonados” e chegou “preto dos 4600” de cara a vindeira tempada en Liga ACB, polo que quedou “pechada a campaña de abonados” e “abrindo a lista de espera”. Comentou que teñen “abonados novos de toda a provincia de Lugo”. Posteriormente, Javier Morandeira, xesto adxunto ao consello de administración, comentou que a lista de espera é “de medio centenar”, haberá “un palco a pé de pista” e o aforo será en torno aos 5400 espectadores.

Lázare anunciou como “patrocinadores principales” a “Cafés Candelas, Estrella Galicia, Abanca e Grupo Leche Río”. “Só hai un oficial, o que da nome ao equipo, o que estivo con nós nos intres máis difíciles”, recalcou sobre Cafés Candelas. Quixo “agradecer” ao “patrocinador principal, Cafés Candelas, polo apoio para poder configurar o resto de patrocinadores principais”.

O presidente quixo “agradecer tódolos servizos prestados, moito, moito tempo e moi ben levados” a José Miragaya, preparador físico do Breogán ata esta tempada, e, subliñou, que ten “parte do éxito” que tiveron “a campaña pasada”. Jaime Capellá, fisioterapeuta as dúas últimas tempadas, sustitúe a Miragaya como preparador físico xa que ten as dúas titulacións. Tamén chegará un fisioterapeuta con “tres anos de experiencia no baloncesto profesional” e tamén está a axudar nas últimas semanas Pablo Duarte, que lles está “gañando a todos”.

Pola súa banda, Quique Fraga, director deportivo do club, explicou que Henk Norel “tivo un golpe fortuito e resentiuse do xeonllo”. Afirmou que optaron pola opción “conservadora” e “infiltrar”. A outra sería “pasar polo quirófano” cunha baixa de “tres meses, un pouco menos quizais”.

En relación a Lucio Redivo, que sofre problemas nos aductores, comentou que “son optimistas”, aínda que deben ser “precavidos”, está respostando “francamente ben” e é “posible que comece a tempada”.

Sobre o mercado, foi claro: “Si hai a posibilidade de algo moi bo, sería cuestión de pensalo”.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

O SLG alerta das xubilacións masivas en granxas e pide axudas para novas incorporacións e plans de mellora

Responsables do Sindicato Labrego Galego concentráronse este mércores en Lugo, diante do edificio da...

Traballadoras de residencias privadas mobilízanse en Lugo en demanda dun convenio digno

O persoal das residencias privadas de Galicia continúa coas súas mobilizacións en demanda dun...

O Concello de Lugo concede máis de 250 licenzas de obra en 2024 por máis de 100 millóns de euros

O Concello de Lugo tramitou en 2024 un total de 256 licenzas de obra,...

Investigan un veciño de Cervantes por vender sen autorización madeira dun monte comunal

Un veciño do municipio lugués de Cervantes figura como investigado pola Garda Civil por...