InicioDeportesHenk Norel: "Temos moi bo grupo, nótase a fame que ten o...

Henk Norel: “Temos moi bo grupo, nótase a fame que ten o equipo”

O pívot Henk Norel foi presentado oficialmente como novo xogador do Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pívot neerlandés Henk Norel foi presentado hoxe como novo xogador do Club Baloncesto Breogán. 

Norel explicou os motivos da súa fichaxe: “O club quéreme e para mín sempre foi o motivo máis grande. Quero estar nun sitio onde me queiran e poida xogar ao baloncesto que me gusta xogar. Apostaron por mín”. Posteriormente, engadiu: “Sempre me gusta facer o que me pida o adestrador”. Subliñou a importancia da “boa química” no equipo para rendir mellor individualmente. “Podo facer moito na pintura”, adiantou.

O ex xogador do Gipuzkoa Basket explicou que teñen “moi bo grupo, moi boa xente, nótase a fame que ten este equipo e non só o equipo, senón tamén a cidade”. “Levo un mes e medio aquí. A xente ten moitas gañas de que isto comece. Encántame. Case non quedan abonos. Un pavillón cheo tódolos días vai ser impresionante, vai ser bonito”, afirmou.

A nivel individual, respostou que está “cun plan especial”.

Describiu ao equipo como “ben físico”, con xogadores “moi fortes, con moita fame, son moitos xogadores que queren ensinar que poden xogar en ACB e iso é moi bo”.

Sobre Natxo Lezkano, primeiro adestrador, comentou que “ten moito ollo para detalles, que é súper importante, coller hábitos”.

Contestou sobre unha posible presión para el ao ser o xogador máis valorado da pasada Liga ACB: “Vou tentar disfrutar disto. Claro que hai algunha presión. Deportistas profesionais de elite sinten presión dentro de sí mesmo para sacar o mellor de ti cada día”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...