InicioCulturaLe o pregón de Manuel Lombao que acendeu o espírito do San...

Le o pregón de Manuel Lombao que acendeu o espírito do San Froilán 2018

O pregón íntegro do pioneiro xornalista Manuel Lombao, veterán da radio e a televisión, cargado de nostalxia, tradición e reivindicación da cultura de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

MANUEL LOMBAO

Señora Alcaldesa, Concelleira de Cultura, Concelleiros membros da Comisión de Festas, membros da Corporación Municipal, autoridades, moi queridos Pelúdez e Filomena, veciños de Lugo cidade, da provincia e forasteiros. Permíntanme que env¡e uns saúdos especiais ós amigos chegados de Madrid, Barcelona, A Coruña, Santiago de Compostela e dun lugar moi querido para min que é A Pontenova.

É obrigado que a primeira manifestación que faga sexa de agradecemento a esta Corporación por terme escollido como pregoeiro das nosas Festas de San Froilán de 2018 e a todos vostedes que se xuntan aquí ou escoitan e ven este Pregón a través de wwwopenradio.es en calquera lugar do mundo. Grazas a todos.

Non oculto que, ademáis da honra, sinto unha grande ilusión e que moitas veces soñei con este momento. É un regalo máis do meu Lugo natal que tantos regalos me fixo. Quero pagar unha débeda que teño coa cidade, coas suas xentes, con persoas e situacións que me marcaron e que, ó meu entender, fóronme modelando, como modelaban o barro os meus deva nceiros chairegos de Bonxe e axudaron a facer realidade boa parte dos meus soños.

Aínda que as Festas de San Froilán son esencialmente colectivas, para a xente da miña idade son unha mestura de MEMORIA e de CELEBRACIÓN . Esas van a ser as dúas partes do Pregón. Cada un de nós gardamos os nosos recordos e escollemos os motivos das nosas celebracións. Por iso ven a conto a famosa sentencia de Reiner María Rilke que di que “A verdadeira patria do home e a muller é a infancia” e hai pouco tempo, investigadores da Universidade de oxford afirman que “A patria da memoria é a xuventude que se sitúa entre os 15 e os 25 anos. Nese decenio almacenamos a información que definirá quenes seremos o resto da nosa vida”. Todo ese camiño vivino eu en LUGO.

A miña MEMORIA comeza no Lugo dos anos 50. Estamos na Parroqu¡a de San Froilán, a uns vinte pasos da Porta de San Fernando da Muralla, á que podía subir en calquera momentor un neno coa roupa de monaguillo, repica con forza e ledicia as dúas pequenas campás. Ás veces mesmo se colga nalgunha delas. Son as Festas do Patrón. O neno e a imaxe do Santo que preside o altar maior teñen a misma idade. O Santo foi entregado polo art¡sta Manuel Miranda en 1943. É un dato que él non coñece pero que explica as boas e longas relacións que terá co santo lugués durante unhos 15 anos, ata que deixa o Seminario onde nas súas fichas e documentos non figura o enderezo da súa casa, senón soamente: “Parroquia de San Froilán”. Ou sexa, San Froilán é da súa familia ou, cando menos, viven na mesma casa. Alí está o eremita que domesticóu ó lobo que mostra na imaxe, xunto co báculo de bispo, cargo que, despois de rexe¡tar varias veces, finalmente aceptou no veciño León.

Pero imos á Festa Maior. O neno lembra vagamente ter ido cós seus pais ó Campo da Feira onde o gando era o protagonista xunto co pulpo cocendo nos grandes caldeiros de cobre e un cheiro inconfundible que lle gustará y recoñecerá toda a vida. Recorda que, na feira, había unha cega que cantaba a historia dalgún crime que tamén acompañaba cunha zanfoña.

É a tardiña e está caendo a noite.Pero agora non va¡ cos pais, vai cos amigos da Carretera da Coruña, onde naceu e vive. Non ten que andar moito. Xa non hai feira e o centro das Festas está na Praza de Santo Domingo, ant¡go Foro Romano, lugar moi pret$a igrexa de San Froilán. A Festa Maior é unha explosión de luces, de música, de altofalantes que chaman ós visitantes para que se achegen as súas barracas, por exemplo a Tómbola dos Xamóns que sortea grandes lotes de aparellos de cociña que deixan coa boca aberta ó neno de familia moi humilde e pensa qué ben lle virían a Valentina, a súa nai coraxe, que traballa arreo na pequena fábrica de pasta e de chocolate e nalgunhas casas, entre elas na do alcalde.

O neno, que, casi todos os días, escoita a radio e le o xornal “El Progreso” na casa dos donos do baixotellado onde él vive, leu onte que nesta tómbola gañaron o día anterior, uns premios especiais de un “dormitorio de luxo” un señor de Friol e unha radio-gramola con moble- bar un señor da rúa García Abad, precisamente no seu barrio “.iQué sorte! Cómo me gustaría a min ter unha radio”, pensa o neno. E vanse os rapaces a xerar adrenalina nos “coches que chocan”, batendo contra ós coches dos amigos, subindo nos asentos con cadeas no carrusel dos cabaliños, mestura de emoción e de medo pola centrifugación que ameaza que saian voando e proban sorte nas casetas de tiro. Pasan por “A sorte dos paxariños” e pola porta de “Barriga Verde”, deixan para outro día entrar na de “A muller barbuda”e finalmente baixan a “Praza da Soidade”. Alí está o “Teatro Argentino” e o neno, que é o máis decidido, negocia co paiaso que hai na porta para ser o seu axudante . Acordan. O neno aguanta fortes t¡róns de cabelo para que a xente ría e, en pago, pode entrar no espectáculo. Antes queda cos amigos para ver as carreiras de motos polo circuito da Muralla e para os fogos artificiais.

No meu barrio os rapaces podíamos xogar á pelota na Carretera porque pasaban moi poucos coches, ou ó fútbol no Campo de Revilla. Xogábamos á billarda, a apandar, a facer pinchaca rneiros, ou íamos a coller amoras na parte de atrás das nosas casas, en Paraday de Arriba . No verán, ata as dez da noite, cando chegaba “O Parte” de Radio Nacional que era o sinal de subir á casa. Chamábanos a atención un camión que poñía por riba do parabrisas o nome do dono e a frase: “o traballo non me apura’l .Un verán recordo ver pasar nun descapotable unha nena, coa melena ó aire a que identificamos pola escolta que levaba. Era a que, dende hai pouco, é Duquesa de Franco . Como sempre,ían camiño do Pazo e Meirás que, por certo, todos agardamos que, canto antes, sexa devolto ó pobo.

As Festas do San Froilán eran un paréntese nun tempo escuro, nun tempo de silencio, nun tempo de cartilla de racionamento e de “estraperlo”, nun tempo de estreiteces, nun tempo de;”neno non fales galego que non chegarás a nada” que me decían meus pais pensando no mellor para min.. Pero un tempo no que os veciños do meu barrio eran un exemplo de IRMANDADE e de SOLIDARIEDADE, de axuda, mesmo económica, entre todos , dentro das escasas posibilidades. E de xuntanza e alegría para espantar ese silencio. As matanzas eran xeiras de todos os veciños en todas as casas e, no verán, as baixadas ó rio Miño das familias para xantar, cantando na ida e na volta, alegraban esa nube gris da posguerra.

Os regalos de eses veciños foron o exemplo da auténtica irmandade e o bálsamo de alegría nun tempo escuro. Un fondo agredecemento a todos eles e ós do barrio da Milagrosa meu derradeiro fogar.

Noutro plano os meus tres grandes referentes e que considero “regalos” da cidade por poder coñecelos, foron un cura e dous poetas. O Párroco de San Froilán e creador, tamén, da Parroquia de A Milagrosa, D. Xosé Fernández Núñez , exemplo de austeridade e protector dos máis necesitados, que conseguiu unha beca para os meus estudios no Seminario, “A U niversidade dos pobres” como dixo Xesús Mato, en Xuño pasado, no acto da ben merecida Medalla Castelao. E dous poetas lugueses ¡nsignes: D. Luis Pimentel que insipiraba tenrura e respeto cando eu visitaba a súa casa, da man de miña mai que fora ama de cría da súa única filla con un nome que me engaiolóu: “Rula”.

A aura que emanaba don Luis marcoume para sempre. Cando puiden lelos, nalgún dos poemas de nenos sentíame atinxido e os poemas das cunetas, os máis agardados escr¡tos en 1937, publicaronse, por prime¡ra vez, en 1966… en París, e, gracias ós meus amigos de “A Quenlla” teñen unha emocionante versión musical. A Manuel María, o poeta máis popular por cercano ó pobo, sobriño do meu cura protector, coñecino cando viña a ver a seu tio, e escoitaba a súa inconfundible voz e o seu fermoso galego e falábamos decote. Loitador e traballador incansable por Galicia foi o primeiro que grabou os seus versos na súa voz, nos anos 60 e presentóu os primeiros concertos de ” Voces Ceibes” en Santiago e en Madrid, neste último co coste dunha importante multa. Fun amigo seu e de Saleta durante toda a súa entrega a Galic¡a. Os tres sempre estarán no meu corazón.

Ó Seminario de Lugo débolle disciplina, aprender solfexo, cantar na Schola Cantorum e entrar no mundo da música clásica con Xosé Castiñeira ; aprendín latín, grego, ortografía “castellana”, l¡teratura e filosofía. De ciencias, nada, pero grande parte pola miña culpa. Tamén tiven a sorte de convivir con magníficos compañeiros.

O último regalo, antes de partir, foi 1968 en que aparece en Lugo Radio Popular que está cumplindo 50 anos e o soño faise realidade. Gracias a un amigo aquí presente, consigo formar parte do equipo fundador. A primeira nómina, os mellores compañeiros, o mellor director, e, sobre todo a mellor xente nova de Lugo. Un programa como símbolo: “Aquí la Juventud”. Un programa en directo , con público, no que interveñen todos os compañeiros da emisora e todos os xoves que queren, non só escoitar, senon participar, nos guións, nos concursos, nas listas de éxitos, en debates de actualidade, cantando en solitario ou cós seus grupos musicais. Salen á rúa a pedir firmas para os seus nomes favoritos. Miles de firmas. Aportan os seus discos personais e enriquecen os contidos explicando novos estilos musicais do mundo.

É o noso 68. Escoitan en directo a “Voces Ceibes”, ‘réplicas da denuncia que nace nas Universidades de París, dos Estados Unidos e de España. A censura e o réxime prohíbelles concertos, impónlles multas e alguna orde de saída do país e só poden acollerse a “Aquí la Juventud”, en Lugo. Cantan a Celso Emilio Ferreiro e a súa “Longa noite de pedra”; cantan sobre a Guerra do Vietnam, cantan a morte- asasinado- de Martín Luther King. Cantan o “Venceremos nos” do lugués Lois Diéguez, versión galega do himno polos dereitos civís “We shall overcome” popularizada por Joan Baez. Unha tarde centos de rapazas e rapaces enchen a Casa Sindical nun gran debate Beatles- Rolling Stones. Todo Lugo é unha “movida” acorde coas que xurden en medlo mundo. Foi unha experiencia única que fixo que a clave da PARTICIPACIÓN fora esencial en todo o meu traballo posterior, na rad¡o, na televis¡ón e mesmo no lnstituo Cevantes en Brasilia. Gracias inmensas ós compañeiros e ós centos de colaboradores e asistentes a esa espec¡a de “milagro radiofónico” para aqueles tempos.

A MEMORIA PÉCHASE en decembro de 1971 cando Valentina e má¡s eu deixamos atrás as últimas casas da cidade e non podemos deter as bágoas. Eu levaba toda unha bagaxe de principios, referentes, traballo profesional, recordos, cariño e vivencias. Como d¡xo un dos escritores, hoxe máis de moda en España, Manuel Vilas: “As cidades marchan cos que se marchan”. “É verdade : Lugo veu comigo e con Valentina para toda a vida. E na miña longa carreira profesional , sempre que puiden, dexei o nome de Lugo no máis alto lugar.

Despois da memoria, veñamos a actualidade: A CELEBRACIÓN. O San Froilán distínguese por ser unha festa colectiva, de “TODA A XENTE NAS RÚAS E NAS PRAZAS”, como dí a Alcaldesa . Sempre foi así, pero este 2018 non hai máis que ver o Programa para darse de conta que é “DE TODOS E PARA TODOS”. É un programa “espectacular”. Así se explica un magnífico titular do xornal El Progreso o día que se publicóu: “Nove días de festa para non descansar un minuto”. Todas as músicas, todos os bailes, todos os barrios, todos os deportes, todas as artesanías, toda a gastronomía, todos os itinerarios xacobeos na cidade; a “Mostra Agrogandeira”, “San Froilán no Mercado”, Conferencias e un longo etcétera. Un pequeno exemplo: esta mesma noite, na Horta do Seminario, de tantos recordos para min, inauguren as festas coa música folk de grupo “Sondeseu” e os seus invitados, entre os que está un dos mellores músicos de Galicia, Rodrigo Romaní, noiés con anos vividos en Lugo capitaneando un “Movemento da Canción Popular Galega” a finais dos 60 e fundador de Milladoiro, grupo de fama mundial.

Ollando ó cartel das festas ha¡ que felicitar a David Segade, o autor. Cando El Progreso ofreceu as imaxes dos finalistas, eu apostei por ese. Execelente deseño dos nosos “Patrimionios da Humanidade”, a Muralla e a Catedral, ó pé debuxase o noso “pai Miño” e casi enmarcando todo, o mundialmente famoso pulpo do San Froilán de Lugo. Por ¡so o cartel chámase “San Froilán tentacular”.

Pero, co permiso de vostedes, alén do colectivo, eu vou a sinalar algunha cousas que penso que merecen celebrarse no Lugo de hoxe dende o meu punto de vista. A ver se coinciden comigo.

-CELEBRO ver na televisión, dende hai un tempo, ós pens¡on¡stas lucenses saír á rúa cunha grande pancarta que dí: AJE – LUGO “Asociación de Jubilados Españoles-LUGO, (o nome de Lugo ben grande). La Revolución de las arrugas”. Estes días parece que houbo un principio de acordo no chamado “Pacto de Toledo”, no Congreso, que equiparará as pensións ó IPC que é a principal demanda. lmos ver como se fai realidade.

-CELEBRO que o “ARDE LUCUS” vaia atraendo miles de persoas cada ano. A implicación das luguesas e lugueses son un exemplo de participación. Hai varios anos que no resto de España me falan maravillas de esta reconstrucción histórica. Moitas das que están xurdindo en outras Comunidades están inspiradas na de Lugo. Teño algún exemplo ben cercano.

-CELEBRO as ” tres exposic¡óns nunha” que v¡n o verán pasado titulada: “O Vello Cárcere, da guerra á posguerra”. lmpres¡onante. Agardar tantos anos para poder ver esa lista, esas imaxes, eses datos e esas historias das víctimas da guerra “incivil” era estremecedor. Eso sí que é “memoria histórica”. Espero que o material non desa pa reza.

-CELEBRO que o noso “Cam¡ño Primitivo”siga crecendo en peregrinos co gallo do acordo dos 100 km. que dende Lugo aseguran conseguir “A Compostela”. Os datos que lin e o esforzo dos responsables da Asociación de Amigos do Camiño, merece un aplauso

-CELEBRO que tanto o Concello como a Deputación de Lugo teñan instaurados os “presupostos participativos” , democracia auténtica estreada na cidade de Porto Alegre, no “meu Brasil”, en 1988. Lin en internet que a Deputación de Lugo foi a primeira lnstitución Provincial de España que as instaurou.

-CELEBRO a volta a ACB do Breogán que vimos nacer naqueles tempos e que tantas boas horas nos deu e a victoria do lucense Jorge Prado,17 anos, Campeón do Mundo de Motocross.

-CELEBRO que este San Froilán 2018 de Lugo teña un eco non habitual. Hai un mes, viaxando a Grecia atope¡, na Revista “Ronda” de lberia, unha páxina co titular “San Froilán, una ocasión para conocer LugolA revista permanece todo un mes . lmaxínense os miles de persoas que o puideron ler. E unha amiga dime que tamén o leu na revista’tlub Renfe’i outros miles de viaxeiros que saben de LugoeoSanFroilán.

-CELEBRO que a cidade de Lugo estea cada vez máis fermosa. A peatonalización progresiva do casco histórico; a aparición e os traballos arqueolóxicos, tamén progresivos, das xoias históricas e as estatuas e pezas de arte moderno que xera o Arde Lucus, todo adorna cada día máis, a súa figura coroada polo espléndido entorno natural que embelece ó río Miño, e rodea toda a cidade.

-E a que cons¡dero a CELEBRACIÓN máis importante: 2018 pasará á historia, en España, como a “Rebelión das mulleres”. Un antes e un despois dende o 8 de Marzo. Pois ben, ademáis de que Lugo ten a primeira Duquesa, a pr¡me¡ra Alcaldesa, a primeira Subdelegada do Goberno, a primeira Presidenta do xornal “El Progreso”, a primeira Directora dun diario dixital en España, a primeira Deputada Presidenta da Comisión de Cultura no Congreso dos Deputados e a primeira representante de España en Eu rovisión….. Lugo e o seu San Froilán teñen “O Domingo das Mozas” hai xa moitos anos.

A mellor descripción de esa festa e o mellor canto á muller pronunciouno Manuel María no seu pregón de S. Froilán en 1996. Verán que podía estar escrita hoxe mesmo, dicía así: “O Domingo das Mozas para nós é a máis alta ocasión das festas de San Froilán. Cecais a derradeira mostra que queda da cortesía provenzal viaxeira polo Camiño de Santiago. É a festa da tenrura e da delicadeza feminina, do amor humano, o máis prezado don concedido ós mortais. Unha romería imprescindible nestes tempos de violencia, corrupción, deshonestidade, consumismo, domesticación e aniquilamento dunha cortesía- que non cortesanía- que custóu séculos conseguir. Unha festa única en todo o Occidente.”

É momento de ir acabando. Quero agradecer a Paco Nieto e a Ezequiel Orol por esta transmisión a través da súa radio e en vídeo por internet, en wwwopenradio.es e por facerme “un regalo sorpresa” este ano 2018. Un pequeno comentario semanal devolve a miña voz a unha emisora de Lugo cando se cumpren 53 anos da primeira vez que falei por unha radio Radio Lugo. E para pechar como é debido, dous nomes lugueses senlleiros.

CELESTINO FERNANDEZ DE LA VEGA: “Lugo é unha cidade á medida do noso corazón”.

LORENZO VARELA: “Na vida, na morte, no amor e no ren Lovareite, Lugo, de aceiro e de mel”.

Miña nai Valentina dicíame ¡Manolo, lévame a Lugo!

Agora, o slogan do Concello de Lugo, di: “Ven, é Lugo” iVai por ti, Valentina !

Comezan as festas. iDisfrútenas!

iViva San Froilán!

iViva Lugo! iViva Galicia!

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...