InicioDeportesLaura Villasante renova nun C.V. Emevé que xa conta con doce xogadoras

Laura Villasante renova nun C.V. Emevé que xa conta con doce xogadoras

A oposta madrileña cumprirá a súa sexta tempada no club lucense

PUBLICADA O

- Advertisement -

A centralLaura Villasante Costa renova co Club Voleibol Emevé Lugo e cumprirá a súa sexta tempada no club lucense, que competirá a vindeira tempada en Superliga 1, máxima categoría do voleibol español.

A xogadora madrileña, de 26 anos e 1.75 metros de estatura, “fará vibrar ao pavillón municipal en tódolos partidos” e dalle as “grazas por seguir nesta familia”.

Hoxe en día, o Emevé conta con doce xogadoras en plantilla coa citada central Laura Villasante, a tamén central María Aguiar, a central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´, a líbero Paula Lorenzo e a colocadora María Rodríguez Sanjurjo. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova, Tea Andric´e María Rodríguez Sanjurjo son as catro fichaxes polo do momento. Anllelivis Caballero e María Rodríguez Sanjurjo son xuvenís. A intención do club é contar con trece ou catorce fichas. 

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

ÚLTIMAS

Detido por negarse a ser identificado e agredir a un axente da Policía Local de Lugo

Efectivos da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home como...

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...