InicioSociedadeA Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) que, tal e como expuxo no pleno, conta con “os menores tempos de resposta e é un dos mellor valorados do Sergas“, entre críticas da deputada Lara Méndez (PSdeG), que resumiu as políticas do departamento autonómico en “tapar e ocultar”.

En resposta a unha pregunta oral da parlamentaria socialista, o titular de Sanidade negou as acusacións e defendeu que nos últimos anos “incrementouse a dotación de persoal” neste servizo do centro lucense. Así mesmo, despois de que Méndez expuxese as demandas de persoal de urxencias como os celadores, Gómez Caamaño asegurou que foron atendidas pola xerencia, que se reuniron con eles e que “tivo en consideración parte das súas achegas”.

CENTRO DE SAÚDE DE CARRAL

Doutra banda, o conselleiro, a unha pregunta da socialista Silvia Longueira sobre as instalacións do centro de saúde de Carral (A Coruña), avanzou que técnicos do departamento autonómico acudiron este mesmo mércores até o lugar e, tras analizar a situación, tomarán unha decisión que podería “incluír a planificación de construción dun novo centro se a situación o require”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...