InicioDeportesMiguel Vieira subliña o "empeño e determinación" do Club Deportivo Lugo para...

Miguel Vieira subliña o “empeño e determinación” do Club Deportivo Lugo para a súa fichaxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

O central portugués Luís Miguel Vieira Silva foi presentado como novo xogador do Club Deportivo Lugo para as vindeiras tres tempadas. Emilio Viqueira, director deportivo do club, confirmou que houbo un “traspaso” para a súa fichaxe cun “custo”.

Miguel Vieira amosouse “moi contento” polo interese do Lugo e “feliz” de fichar polo equipo albivermello. “Agradezo o seu empeño e determinación“, destacou.

O central luso explicou que xoga coa perna “dereita e coa esquerda con moita facilidade”. Comentou que é “moi forte, moi poderoso no xogo aéreo”. “Nunca dou un balón por perdido”, resumiu.

Por outra banda, asegurou que os compañeiros estanlle “axudando moito”.

Tamén, contestou que en Portugal “houbo clubes interesados, pero o fútbol portugués non está moi ben financieiramente”.

Miguel Vieira, de 27 anos e 1.90 metros, procede do F.C. Paços de Ferreira, onde xogou 32 partidos a tempada pasada na Primeira Liga portuguesa, a máxima categoría en Portugal, marcando 4 goles. Acumula 55 partidos na Primeira Liga de Portugal.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...