InicioDeportesJuan Muñiz: "O Lugo é o club idóneo para dar un paso...

Juan Muñiz: “O Lugo é o club idóneo para dar un paso máis”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Juan Muñiz foi presentado este mediodía como novo futbolista do Club Deportivo Lugo. Asina por dúas tempadas.

O xogador asturiano afirmou que o Lugo é “un club moi serio, moi interesante, que leva moitos anos facendo as cousas francamente ben” e “o xeito de xogar que levan dende a época de (Quique) Setién é do mellor de Segunda”. Amosou o seu “orgullo” de xogar con “xente tan mítica do Lugo como son (Carlos) Pita e (Fernando) Seoane”. “Cansábame de correr detrás deles”, declarou.

O talentoso zurdo amosouse “moi ledo”, “convencido en tódolos aspectos” e a “tentar que o Lugo acade algo grande”. “O Lugo é o club idóneo para dar un paso máis”, resumiu. Explicou que os compañeiros están facéndolle “moi sinxela” a adaptación e comentou que está “moi ledo” coas “instalacións”.

A nivel individual, respondeu que non ten unha demarcación preferida e “cantas más posicións é positivo tanto para o adestrador como para o equipo”. Explicou que “aínda” lle queda por medrar como futbolista, pois “aínda” é “mozo”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...