InicioDeportesCatuxa Castro, do Club Lóstregos Lucus, campioa do mundo junior de hockey...

Catuxa Castro, do Club Lóstregos Lucus, campioa do mundo junior de hockey liña

Foi a única galega convocada pola Selección, que vén de impoñerse a Estados Unidos nos World Roller Games de Barcelona

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catarina Castro Sas, ‘Catuxa‘, xogadora do Club Lóstregos Lucus, proclamouse campioa do mundo junior de hockey liña. Logrouno coa Selección española, que vén de impoñerse nos World Roller Games de Barcelona este 4 de xullo.

O conxunto español derrotou na final a Estados Unidos cun resultado de 2-0. Catuxa foi a única galega escollida para xogar coa Selección, logo de proclamarse como máxima goleadora na Liga Nacional Ouro. Ademais, ela e as súas compañeiras do club de patinaxe lucense ao que pertence -Lóstregos Lucus- conseguiran facerse co título de campioas galegas na liga feminina. Tal recoñecemento supón a hexemonía do equipo en todas as categorías (benxamín, alevín, infantil e senior feminino e masculino).

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...