InicioDeportesO Lugo perde a un xogador importante nos dous partidos decisivos para...

O Lugo perde a un xogador importante nos dous partidos decisivos para selar a permanencia

Aburjania non xogará ante o Nástic e o Tenerife pola chamada da selección de Xeorxia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CD Lugo perdeu ao centrocampista Giorgi Aburjania para o partido do martes co Tenerife pola chamada da selección de Xeorxia, que o citou para dous partidos clasificatorios para a Eurocopa de 2020.

O futbolista estaría dispoñible se o partido disputouse este domingo, como estaba previsto inicialmente, pero o adiamento pola morte do xogador do Estremadura José Antonio Reyes provocou o adiamento da cita cos insulares e, en consecuencia, Aburjania será baixa.

A selección de Xeorxia incluíuno entre os convocados para recibir en Tbilisi a Xibraltar o 7 de xuño e viaxar até Copenhague o día 10 para enfrontarse á selección de Dinamarca.

Deste xeito, Aburjania, que foi titular no últimos nove encontros da tempada, perderase os partidos co Tenerifey o Nàstic, nos que o Lugo tratará de selar a permanencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...