InicioDeportesUn compacto Club Deportivo Lugo empatou en Almendralejo (0-0)

Un compacto Club Deportivo Lugo empatou en Almendralejo (0-0)

Os lucenses son decimoitavos con 45 puntos a falta de dúas xornadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou en Almendralejo na súa visita ao Extremadura U.D. (0-0). Os lucenses son decimoitavos con 45 puntos. Competiron con Carlos Pita coma central, doble pivote con Fernando Seoane e Sergio Gil, Giorgi Aburjania coma interior esquerdo (José Carlos Lazo foi suplente), e Dani Escriche e Cristian Herrera na dianteira.

Os lucenses comezaron cunha ocasión en contra cunha xogada individual de Alberto Perea, cuxa diagonal e posterior remate finalizou no pau. Minutos despois, balón longo do Extremadura en falta indirecta e Alfredo Ortuño a piques estivo de rematar a bocaxarro ante a indecisión da defensa albivermella. No minuto 10, primeira opción do Lugo cun roubo alto de Cristian Herrera, que conduce e o seu dereitazo non colleu porta. No minuto 20, pase profundo de Aburjania, Iriome cede cara atrás e o disparo de Dani Escriche, tras finta previa, foi desviado polo porteiro local, Casto Espinosa. O Lugo foise atopando mellor con liñas xuntas en defensa e preciso con balón. No minuto 40, saque de esquina botado por Aburjania e o cabezazo de Miguel Vieira, forte e relativamente lonxano, saiu excesivamente cruzado.

Na segunda metade, moito xogo en mediocampo e pouca profundidade. Comezou o Lugo creando perigo con dúas proxeccións ofensivas de Eduard Campabadal. O Lugo apenas tiña profundidade, pero se chegaba a tres cuartos sempre xeraba perigo. Disparo forte lonxano de Cristian Herrera dende fóra da área e Casto desviou. O Extremadura só inquedou cunha doble ocasión no minuto 63 de Kike Márquez e Fausto Tienza. Ámbolos dous disparos foron desviados por Juan Carlos Martín, porteiro do Lugo. Na derradeira media hora, entrou Toni Martínez por Dani Escriche. No minuto 76, disparo lonxano de Toni Martínez cun golpeo forte que marchou lixeiramente fóra. No minuto 89, deixada do propio Toni, que sempre xera, cara José Carlos Lazo, que rematou excesivamente fóra.

Con este punto, o Extremadura, cuxo primeiro adestrador é o coruñés Manuel Mosquera, certificou a súa permanencia na categoría.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...