InicioCulturaUnha mostra recupera a obra de Lodeiro trinta anos despois do seu...

Unha mostra recupera a obra de Lodeiro trinta anos despois do seu falecemento

Ao acto de inauguración están convocadas Iria Castro Fernández, deputada delegada da Área de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; e a propia Aurelia Balseiro García.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial de Lugo inaugurará o vindeiro xoves, 10 de setembro, ás 19:00 horas, a exposición “Lodeiro. Obra Gráfica”, dedicada ao artista galego Xosé Telmo Lodeiro (Vigo, 1930-1996) con motivo do 30 aniversario do seu falecemento. A mostra estará situada no Refectorio do museo, onde poderá visitarse ata o 1 de novembro de 2026.

A exposición chega a Lugo grazas á colaboración entre o Museo Provincial de Lugo e o Museo de Artes do Gravado e da Estampa Dixital (MUGART), organizada pola Deputación de Lugo (Vicepresidencia / Área de Cultura) e a Rede Museística Provincial de Lugo. A mostra conta coa coordinación de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, e co comisariado de Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.

Ao acto de inauguración están convocadas Iria Castro Fernández, deputada delegada da Área de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; e a propia Aurelia Balseiro García. Ese mesmo día, ás 18:00 horas, terá lugar unha visita guiada a cargo de Ruth Lodeiro, filla do artista, á súa exposición “Átona”, que coincidirá durante uns días no museo coa mostra do seu pai.

Tres décadas de traxectoria gráfica

A obra gráfica de Xosé Telmo Lodeiro abrangue máis de tres décadas de creación e supón un territorio fundamental para comprender a súa linguaxe artística, acompañando e complementando a evolución da súa pintura. O percorrido abrangue desde os seus primeiros linóleos e xilografías vinculados ao compromiso social e á Estampa Popular Galega nos anos sesenta, ata as investigacións posteriores sobre a xeometría, a luz, a cor e a percepción.

Lodeiro concibiu a estampa como un medio para achegar a arte ao público, espallar ideas e establecer unha relación directa coa sociedade. Nas súas primeiras obras, a forza expresionista da liña serviu como instrumento de denuncia fronte á violencia, a represión e as desigualdades. Co paso dos anos, esa dimensión social conviviu cunha progresiva esencialización das formas, onde a xeometría se converteu nun dos seus sinais de identidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...