InicioCulturaExposición sobre mulleres da arte na rede de Museos Provinciais

Exposición sobre mulleres da arte na rede de Museos Provinciais

A mostra poderá verse na Sala de Exposicións e nos museos da Rede Provincial ata o 30 de outubro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolleu a inauguración, este pasado mércores, do proxecto expositivo “500 mulleres na arte” da artista e investigadora Concha Mayordomo.

A mostra reúne medio milleiro de debuxos de artistas, teóricas, mecenas  e xestoras vinculadas ao mundo da arte de España, Portugal e países americanos de fala hispana e lusófona de distintas etapas históricas, desde o Barroco ata a contemporaneidade. Os debuxos,  primeiros planos feitos a lapis a partir de retratos pictóricos ou fotográficos, preséntase con cadanseu código QR con acceso a reseñas biográficas das protagonistas.

O proxecto, que combina creación plástica e investigación, constitúe unha achega historiográfica orientada a contribuír á corrección do nesgo de xénero no ámbito das Belas Artes, así como á recuperación da memoria de creadoras que, tras acadar recoñecemento na súa época, foron omitidas polos canons académicos tradicionais.

A mostra artéllase en bloques, distribuídos nos distintos espazos expositivos da Rede Museística Provincial. A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a maioría dos retratos  – 456 –; no Museo Provincial de Lugo, móstranse os debuxos das mulleres galegas incluídas na mostra ; en San Paio de Narla, poden verse 8 retratos de mulleres do Medievo e do Renacemento; no Pazo de Tor, móstranse 7 debuxos de mulleres do Barroco e da Ilustración; e no Museo do Mar, 9, de artistas da Xeración do 27, Las Sinsombrero.

Iria Castro destacou a longa traxectoria de Concha Mayordomo na documentación e catalogación das mulleres no mundo da arte, con proxectos como o blogue Mujeres en el arte, que reúne máis de 1500 reseñas biográficas de artistas e mulleres vencelladas á arte” e agradeceu “que adapte ese proxecto aos museos provinciais e a esta estrutura en Rede que nos permite achegar a arte e a cultura a todo o territorio e que este ano cumpre dúas décadas de actividade”.

Concha Mayordomo destacou na súa intervención o valor “pedagóxico” do proxecto, que busca dar visibilidade a artistas relegadas na historia da arte e contribuír á corrección do nesgo de xénero neste ámbito. A investigadora lamentou que “as mulleres artistas, mecenas ou xestoras seguen relegadas dos libros de texto”, especialmente sinalou, en España  fronte a Francia ou Italia onde as creadoras foron máis estudadas e reivindicadas”.

“500 Mulleres na arte” poderá verse na Sala de Exposicións e nos museos da Rede Provincial ata o 30 de outubro. Dous meses nos que, ademais de estar aberta ao  público xeral, se ofrecerá como recurso para actividades programadas de centros educativos, dentro do programa de actividades didácticas da Rede Museística Provincial.

A exposición, que se insire no programa de actividades conmemorativas do 20º aniversario da Rede Museística. afonda no compromiso institucional co apoio á creación artística feminina.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...