InicioLugo e contornaLugoOlimpiadas Matemáticas en Lugo este venres coa asistencia de centros de todo...

Olimpiadas Matemáticas en Lugo este venres coa asistencia de centros de todo o Estado

A deputada de Cultura Iria Castro deulles este mediodía a benvida á cidade nun acto no  Pazo de San Marcos, que incluíu unha visita guiada á exposición “Patróns de Beleza. Simetría na Arte”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acolle este venres a primeira xornada da final estatal das Olimpíadas Matemáticas, organizada pola  Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema) coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Oitenta alumnos e alumnas entre os 14 e os 16 anos de centros educativos de todo o Estado, máis estudantes convidados de Tanxer e Rabat, en Marrocos, participan nas probas que dirimirán os mellores cerebros matemáticos do Estado, tras superaren en meses pasados as correspondentes probas clasificatorias.

A deputada de Cultura Iria Castro deulles este mediodía a benvida á cidade nun acto no  Pazo de San Marcos, que incluíu unha visita guiada á exposición “Patróns de Beleza. Simetría na Arte” de Manuel Regueiro e Inés Ben con máis de 70 obras de arte dixital en impresión 3D que exploran a relación entre a creatividade e o pensamento matemático.

A responsable provincial explicou que “nos últimos anos apoiamos a actividade de Agapema, colaborando na organización de probas clasificatorias, e este ano traemos por primeira vez a Lugo a final estatal deste certame que estimula o estudo das Matemáticas e pon en valor o coñecemento e a cultura científica”  e enmarcou a iniciativa “de conectar o Pazo de San Marcos e en xeral a institución provincial á comunidade educativa e profesorado,  tratando de dar soporte ás súas propostas e actividades”.

Iria Castro agradeceu a Agapema “que deseñase un programa pensado tamén para que as rapazas e rapaces que nos visitan coñecen elementos do noso patrimonio e da nosa cultura, con varias visitas e actividades que realizarán no tempo de lecer”.

Antes da visita a San Marcos, as alumnas e alumnos realizaron as probas individuais da Olimpíada na Facultade de Formación do Profesorado. Mañá, viaxarán a Mondoñedo para realizar as probas por equipos, con actividades en distintos puntos do centro histórico. Pola tarde, xa de novo no Pazo de San Marcos, asistirán a unha conferencia de Manuel Andrade Baliño, sobre a eclipse todal do 12 de agosto. A continuación, celebrarase a clausura e a entrega de premios.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...