InicioCulturaPremios IlustrarNÓS a estudantes do CEIP Rosalía de Castro de Lugo e...

Premios IlustrarNÓS a estudantes do CEIP Rosalía de Castro de Lugo e IES Pedregal de Irimia de Meira

As autoras das obras gañadoras foron agasalladas cun Ipad con aplicacións de deseño gráfico e cun lote das máis recentes publicacións en galego de álbum, banda deseñada e novela gráfica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolleu esta tarde o acto de entrega de premios do IV Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS, convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Unha estudante do CEIP Rosalía de Castro de Lugo e tres IES Pedregal de Irimia de Meira foron as gañadores do certame nas categorías 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO, 3º e 4º da ESO e Bacharelato e Ciclos.

Os seus traballos foron elixidos entre as máis de 100 ilustracións presentadas ao certame por parte de alumnas e alumnos de colexios e institutos das distintas comarcas, inspiradas no lema proposto para esta cuarta edición da convocatoria, “O humor”, que convidaba a representar graficamente este concepto.

As autoras das obras gañadoras foron agasalladas cun Ipad con aplicacións de deseño gráfico e cun lote das máis recentes publicacións en galego de álbum, banda deseñada e novela gráfica.

A deputada Iria Castro deu os parabéns ás premiadas e agradeceu a participación de todas as alumnas e alumnos que presentaron os seus traballos ao certame, así como do profesorado e das familias que oas alentaron e lembrou os obxectivos desta iniciativa, que, explicou, “ofrece un aliciente para que as alumnas e alumnos poñan en marcha a súa creatividade” e “pretende popularizar a obra de ilustradores e ilustradores galegos entre as xeracións máis novas”

O acto contou coa participación da escritora e editora Eva Mejuto, coordinadora do Salón do Libro Infantil de Pontevedra, que compartiu coas gañadoras as súas reflexións sobre as posibilidades que ofrece a ilustración como linguaxe artística, remarcando a creación como unha actividade netamente humana.

Obradoiros e charlas en centros educativos

O certame forma parte da programación ilustrarNÓS , organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para promover a creatividade e achegar as aulas a obra de creadoras e creadores gráficos galegos, tomando como referencia a figura elexida pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para o Día da Ilustración; este ano, Siro López.

Ademais daconvocatoria do certame, impártense obradoiros e charlas sobre ilustración en centros educativos da provincia, nesta edición, a cargo do propio Siro López, que nas últimas semanas visitouo IES Lucus Augusti e no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes de Lugo e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, e da ilustradora lucense Sandra Lodi, que se achegou ao CPI de Castroverde, ao CEIP Rosalía de Castro de Lugo, ao CEIP Albeiros de Lugo, ao CEIP  Virxe da Luz de Portomarín, ao CEIP Rosalía de Castro de Bóveda eao CEIP Concepción López de Baleira.  Os últimos obradoiros celebraranse mañá no CPI Dr. López Suárez de Friol e  no CEIP Terra Cha de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...