InicioDeportesÚltimos días para participar no Volante Deputación a vindeira semana en Pastoriza

Últimos días para participar no Volante Deputación a vindeira semana en Pastoriza

O xogador do Breogán Arturs Kurcus achegouse esta mañá ao circuíto pastoricense onde se interesou polos detalles do evento

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro xoves -28 de maio, ás 12:00 horas- remata o prazo de inscrición no Volante Deputación, que se celebrará a vindeira fin de semana no  circuíto da Pastoriza.

A proba de condución deportiva, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación, ofrece a afeccionados e afeccionadas ao automobilismo a posiblidade de formarse e iniciarse na competición, en dúas xornadas nas que participan nun curso de condución segura e en probas cronometradas no propio circuíto.

O xogador do CB Breogán Arturs Kurcus achegouse este mediodía ás instalacións, onde se interesou polo funcionamento do evento, que se consolidou como canteira do automobilismo en Lugo.

O escolta letón, gran afeccionado ao motor, coñeceu as características do coche de competición co que o gañador ou gañadora do Volante Deputación poderá participar no Rally San Froilán, premio en xogo a fin de semana.

As solicitudes,  dispoñibles na web de PTC Escuela, deberán enviarse ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com. As solicitudes atendense por ordede recepción do correo electrónico coa documentación solicitada (modelo de solicitude de participación, fotocopia do DI e certificado de empadroamento), até cubrir as 160 prazas dispoñibles.

Apoio ao automobilismo

O Volante Deputación é un dos piares da rede de apoio da Vicepresidencia da Deputación a este deporte. Engádese unha convocatoria anual de axudas para pilotos de rally cunha dotación de 45.000 euros e o patrocinio dos rallys de campionatos galegos e estatais que se disputan nas distintas comarcas ao longo do ano

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...