InicioCultura"As Cidades de Colmeiro", nova mostra no Museo Provincial até o 31...

“As Cidades de Colmeiro”, nova mostra no Museo Provincial até o 31 de maio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial de Lugo acolle desde esta tarde a exposición  As cidades de Colmeiro, con 37 obras que reflicten o impacto que tiveron na súa creación artística as cidades nas que viviu, ofrecendo un punto de vista singular sobre a súa obra.

A mostra céntrase en obras sobre papel que abranguen un amplo abano temporal, desde 1919 ata os anos sesenta, e sitúan o artista, figura chave da renovación plástica galega no século XX, en cidades como Buenos Aires, Vigo, París, Lugo, Ourense, Bilbao ou Ámsterdam, amosando como a relación co medio urbano modula a súa produción.

A deputada de Cultura Iria Castro participou na inauguración da mostra, xunto a Carlos Bernárdez, comisario da mostra, Elena Valverde Colmeiro, neta do artista, Vítor Montenegro, da Asociación de Amigos de Colmeiro, Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo e Encarna Lago, xerente da Rede Museística.

No acto destacáronse as obras sobre Lugo que responden á súa presenza na cidade coincidindo coa exposición que realizou no Círculo das Artes en 1933.  Os debuxos, que amosan a impresión que Colmeiro tivo da cidade, poden verse en Lugo por primeira vez coa chegada ao Museo desta exposición, procedente do Museo de Vigo. A exposición poderá verse na Sala de Usos Múltiples do Museo de Lugo ata o 31 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...