InicioSociedadeMelendi, Carolina Durante e The Rapants, pratos fortes para pechar o 7º...

Melendi, Carolina Durante e The Rapants, pratos fortes para pechar o 7º Caudal Fest

Tras unha xornada de venres espectacular, o festival baixa hoxe a persiana cun gran cartel que encherá os dous escenarios dende as 17:00 h.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este pasado venres, primeiro día do Caudal Fest, con case o 100% das entradas vendidas, o ambiente foi espectacular en todos os concertos. Os dous escenarios vibraron coa música que ofreceron dende os clásicos Duncan Dhu, pasando polos esperados Love of Lesbian e o resto de artistas do cartel: Lisdexia, Dani Fernández, Niña Polaca, Yarea, Vega, Carlos Ares, Dollar Selmouni e Kike Varela.

Para a xornada deste sábado 20 de setembro, na que destaca a presenza, entre outros, do asturiano Melendi, Carolina Durante e The Rapants, o programa será o seguinte para os dous escenarios que hai no Xardín do Pazo de Congresos de Lugo.

ESCENARIO ESTRELLA GALICIA

18:00 h. ALOE PERRA

19:00 h. MARLON

21:00 h. ZAHARA

23:00 h. MELENDI

01:00 h. CAROLINA DURANTE

03:00 h. EYLELLA

ESCENARIO CUTTY SARK

19:00 h. CHICLE

20:00 h. MÚSCULO

22:00 h. MERINO

00:00 h. THE RAPANTS

02:00 h. ALCALÁ NORTE

O servizo de Lanzadeiras para chegar ao festival parte da Praza España e terá saídas frecuentes para favorecer a mobilidade. Ademais, a información puntual do que acontece pódese seguir dende o perfil de Instagram do Caudal Fest.

Ademais da organización de Bring The Noise, o festival conta co patrocinio do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...