InicioCulturaThe Undertones, Christina Rosenvinge e Stompin'Riffraffs encabezan o cartel do FaCeLa Fest

The Undertones, Christina Rosenvinge e Stompin’Riffraffs encabezan o cartel do FaCeLa Fest

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os irlandeses The Undertones, Christina Rosenvinge e os xaponeses Stompin’Riffraffs encabezan o cartel da nova edición do festival FaCeLa Fest, que terá lugar entre os días 8 e 10 de maio en Lugo. Este tres artistas de primeira orde compartirán cartel cos lucenses Jade 4, Grande Amore, Lorahacepam, Os Revelators e Moloch; ademais de VVV[Trippin’you], Margaridas Podrecidas, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e As Petunias.

O festival foi presentado este venres polos organizadores do evento xunto ás administracións que apoian este festival independente. Así, estiveron representantes do Concello, por medio de Maite Ferreiro; da Deputación, con Iria Castro, e da Xunta de Galicia, con Javier Arias. O FaCeLa Fest é un festival de autor onde “se prima unha cousa por encima de todo: a calidade das bandas participantes”, explicou Maite Ferreiro, destacando ademais, que se diferencia doutros festivais de música polo seu “coidado e arriscado cartel”.

Tamén puxeron en valor a presenza de agrupacións lideradas por mulleres e polos grupos de Lugo, así como “o traballo da organización para incluír cada ano no cartel bandas emerxentes que sorprenden“, recalcou a deputada Iria Castro. O auditorio Gustavo Freire será novamente o marco deste festival de autor.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...