InicioSociedadeUn xulgado de Lugo négase dúas veces a notificar en galego

Un xulgado de Lugo négase dúas veces a notificar en galego

O titular do Xulgado do Penal Número 2 de Lugo incumpre o tratado internacional ratificado en 2001 que recoñece o dereito a ser informado en galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

GaliciaConfidencial | “No ha lugar”. Esa foi a resposta que lle deu en dúas ocasións o titular do xulgado do penal núm. 2 de Lugo a unha persoa afectada que pediu recibir en galego unha sentenza relacionada coa denuncia a un piquete informativo na folga xeral de 2010.

O xuíz apoiou a sua negativa no artigo 231 da Lei orgánica do poder xudicial que permite notificar sentenzas só en español. Pero A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que está incumprindo o artigo 9 da Carta Europea das linguas, “que como tratado internacional ratificado polo Estado español ten un rango superior á LOPX”, apunta.

Por iso, esta entidade anunciou que se dirixirá ao Consello Xeral do Poder Xudicial, para que advirta ao xuíz que está obrigada a cumprir os compromisos adoptados polo Estado en relación aos dereitos lingüísticos do cidadán afectado. “A Mesa xa se ten pronunciado en diferentes ocasións a respecto deste artigo da LOPX, que se sitúa claramente fóra da Carta europea das linguas, promovida polo Consello de Europa e ratificada polo Estado en 2001”, indica nun comunicado.

Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo Estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...