InicioCulturaA Deputación de Lugo homenaxeará a Banda de Música de Antas de...

A Deputación de Lugo homenaxeará a Banda de Música de Antas de Ulla

A exposición '125 anos resoando no Corazón da Galicia' inaugúrase este sábado no Castelo de Pambre de Palas de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo investirá un total de 36.000 euros en senllos actos para homenaxear á Banda de Música de Antas de Ulla. Desta contía, 18.000 euros irán para a exposición ‘125 anos resoando no Corazón da Galicia’, que se inaugurará este sábado no Castelo de Pambre de Palas de Rei.

A outra metade, outros 18.000 euros, irán destinados para a realización de accións conmemorativas, como a edición dun libro que documenta o percorrido da formación. A mostra de Palas será presentada pola deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na sala de exposicións do castelo ás 12,00 horas.

A exposición estará composta por sete monólitos e será de acceso gratuíto. Poderase visitar ata o domingo 29 de maio de martes a domingo con horario de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. Ademais, tras Antas de Ulla e Palas de Rei, a actividade trasladarase a Monterroso no mes de xuño.

+ posts

ÚLTIMAS

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...

Aberto o prazo do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da Deputación

A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta...