InicioCulturaÚltimas incorporacións ao Escenario Emerxente do FIV de Vilalba

Últimas incorporacións ao Escenario Emerxente do FIV de Vilalba

The Zephyr Bones, Kokoshca, Juárez, Fábrica de Espejos e a Banda de Música de Vilalba que pechan o cartel xunto cos dg Isaac Peces, Saya e Russ.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O FIV de Vilalba anunciou este xoves as últimas incorporacións ao Escenario Emerxente deste 2022, con nomes como The Zephyr Bones, Kokoshca, Juárez, Fábrica de Espejos e a Banda de Música de Vilalba, que pechan o cartel xunto cos dg Isaac Peces, Saya e Russ.

Do 22 ao 24 de abril, Vilalba gozará de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.

O primeiro dos novos nomes en unirse ao cartel do FIV de Vilalba é a “cabeza de cartel” máis esperado, explicou a organización, a Banda de Música de Vilalba, que será a encargada de interpretar un divertido recital de versións do mellor pop-rock nacional, pero tamén internacional.

Así mesmo, o escenario Emerxente tamén suma o fondo psicodélico e as progresións case jazzísticas do pop de The Zephyr Bones, e a banda Juárez, con ‘Luna Menguante’. Os pamploneses Kokoshka e a banda de ‘synth pop altamente emocional’ Fábrica de Espejos tamén figuran no festival.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...