InicioCulturaLugo xa ten ás Tanxugueiras no paseo das Palabras do Ano

Lugo xa ten ás Tanxugueiras no paseo das Palabras do Ano

O presidente da RAG destaca forza a "gran capacidade de mobilización, sobre todo entre a xente nova” que teñen as pandereiteiras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo presentou este venres a inscrición dedicada a Tanxugueiras na rúa Menorca, convertida no paseo das Palabras do Ano, que se elixen dende 2014 por votación popular a través da iniciativa promovida polo Portal das Palabras, o proxecto de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

“A elección desta voz, en vez de moitas outras que designan o negativo do ano que quedou atrás, significa unha aposta pola ilusión do futuro que representan Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro”, salientou o presidente da Academia Víctor F. Freixanes, en referencia ás integrantes do trío que tomou o seu nome deste microtopónimo ourensán. A través da súa música, hoxe Tanxugueiras é tamén un símbolo dos novos vieiros que está a emprender no século XXI a música tradicional galega.

Víctor F. Freixanes participou na visita ao paseo das Palabras do Ano xunto ao responsable de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez; as propias Tanxugueiras; o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo; e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. 

O presidente da RAG agradeceulles ás Tanxugueiras que lle puxesen “cara e ollos” a unha voz que, a través do que elas representan, transmite alento e demostra a capacidade do galego de chegar ás novas xeracións. “As Tanxugueiras teñen unha forza especial e unha gran capacidade de mobilización, sobre todo entre a xente nova”, engadiu.

O paseo das Palabras do Ano é unha aposta dobre do Concello de Lugo coa mellora da imaxe da cidade e “a posta en valor dun símbolo tan importante como a lingua galega”, salientou o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo. “O futuro da nosa lingua está vivo e as palabras de cada ano pasan a formar parte do idioma xa que sintetizan parte da realidade de cada época”, concluíu.

Da toponimia aos escenarios

O topónimo Tanxugueira popularizado pola banda musical designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello dos Riós (Ourense), situadas nun alto e abeiradas. No territorio galego hai outro lugares co mesmo nome nos concellos de Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e, de volta na provincia de Ourense, en Viana do Bolo, como se pode comprobar na aplicación Galicia Nomeada, a plataforma para a recolleita colaborativa da microtoponimia creada pola Real Academia Galega e a Xunta de Galicia. O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de teixugos.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...