InicioCulturaO FIV de Vilalba confirma a Carlos Sadness, Baiuca, Forget a france,...

O FIV de Vilalba confirma a Carlos Sadness, Baiuca, Forget a france, Delafé Dj Set e Idoipe

Sumanse a Viva Suecia e Cupido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Festival Independente de Vilalba (FIV) confirmou cinco novos artistas para o seu cartel deste ano, que se celebrará do 22 ao 24 de abril e que contará con Carlos Sadness, Baiuca, Forget a france, Delafé Dj Set e Idoipe.

A localidade chairega acollerá durante tres días diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución –Escenario Emerxente– e o Campo da Feira –o Escenario FIV–, seguindo os protocolos vixentes no momento de celebración do festival e garantindo a seguridade de público e artistas.

A lista de actuacións, entre as que se atopan tamén a de Viva Suecia e Cupido, súmanse a actividades paralelas, o FIV Kids, un espazo para os pequenos da casa, e a zona de acampada, cuxas reservas se abrirán a finais da próxima semana.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...