InicioCulturaA Candeloria desvela as primeiras confirmacións da VI e derradeira edición

A Candeloria desvela as primeiras confirmacións da VI e derradeira edición

A organización do festival lucense comeza a 'mascletá' de confirmacións de artistas xusto antes de esgotar o prazo para comprar as entradas a prezo reducido

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois de sete anos de traballo, A Candeloria celebrará a sexta e derradeira edición o 16 de febreiro de 2019. O anuncio realizouse hai pouco máis dun mes e este mércores comezaron a trascender os nomes dos artistas participantes. A mascletá, o formato de anuncios sucesivos das confirmacións, comezou a poucas horas de que remate o prazo –na noite do xoves– para comprar as entradas o prezo reducido de 16 euros.

“Foron anos de ilusión, de moitas bágoas de alegría e algunha de tristeza, pero a maioría de ledicia e orgullo por ver coma a nosa meniña ía facéndose unha gran muller guerrilleira que superaba unha por unha todas as dificultades que se lle puxeron por diante, que non foron poucas”. Así rezaba o comunicado da organización que puxo data de caducidade o A Candeloria.

Para esta sexta edición, o festival leva vendidas máis de cincocentas entradas a prezo reducido. Esta vez, contará cunha única data, aínda que cabe a posibilidade de que poida ampliarse a un segundo día.

A Candeloria, a festa que celebra o paso do inverno á primavera, naceu para compensar a escasa oferta de música en directo en Lugo e reivindicar a cultura galega e os grupos da terra. Ten a particularidade de que sempre se celebrou na época máis fría do ano.

Máis información no sitio oficial de A Candeloria.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...