InicioCulturaLanzan unha campaña de Crowfunding para salvar uns frescos renacentistas de Guitiriz

Lanzan unha campaña de Crowfunding para salvar uns frescos renacentistas de Guitiriz

A campaña de mecenado social comenzará no mesmo de febreiro de 2019 co nome de FRESCOS DOS VILARES, CINCO SÉCULOS DE NÓS

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro anos de reunións, visitas de técnicos e políticos, iniciativas parlamentares e mesmo a reclamación á oficina do Valedor do Pobo, non serviron para que se tomará a decisión política de dotar de orzamento unha actuación que salve unhas pinturas murais de máis de 500 anos que se atribúen ao Mestre de Parga e que os especialistas consideran de grande calidade e valor histórico.

Por iso, e ante a degradación das mesmas, a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares (Guitiriz) lanzará a comenzos do próximo ano unha campaña de crowdfunding para salvar os frescos renacentistas da igrexa parroquial. A súa restauración, a pesar de ser aprobada ena Comisión de Cultura do Parlamento Galego, atópase aínda sen dotación económica a pesar de que xa contan con estudos técnicos.

A degradación sofrida polas pinturas desde o seu descubrimento en 1992 e o risco de desaparición definitiva, obríganos a ter que asumir desde a Lareira de soños a responsabilidade de salvar as pinturas pola falta de sensibilidade institucional e acadar, polo menos os cartos necesarios para consolidar o estado actual das pinturas e evitar que se sigan degradando até a desaparición definitiva”, apunta a entidade nun comunicado.

“Cinco séculos de nós”

A campaña de mecenado social comenzará no mesmo de febreiro de 2019 co nome de FRESCOS DOS VILARES, CINCO SÉCULOS DE NÓS. Contará cun deseño de imaxe da artista Viki Rivadulla, un spot para as redes sociais, pancartas para a as festas da Pascua, a implicación de persoeiros da cultura e da sociedade, xornadas profesionais, sorteos, campañas informativas e de sensibilización e visitas guiadas á igrexa e a contorna da mesma.

Asimesmo, editarase un folleto informativo sobre o patrimonio relixioso dos Vilares para veciños e visitantes arredor da historia dunha igrexa que ten as súas orixes no século XII e que ademáis dos frescos, conta con tres importantes retablos, un sartego, un calvario, unha caliveras singulares na entrada do vello camposanto e unhas fantásticas pías nun conxunto único no lugar da emblemática Romaría dos Desamparados que se celebra pola Pascua.

“FRESCOS DOS VILARES, CINCO SÉCULOS DE NÓS, será pois, o eixo central da nosa actividade pública o próximo ano e as distintas accións sociais e culturais a desenvolver estarán vinculadas a esta campaña, non só para acadar os fondos necesarios, senón tamén para informar e sensibilizar arredor da importancia destas pinturas”, conclúe.

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...