InicioCulturaRueda "define" o xornalismo de proximidade como "preguntar, escoitar e contrastar" na...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio Pura Cora, que recaeu en Rafa Cabeleira

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio Pura Cora, que recaeu en Rafa Cabeleira, onde reivindicou o papel do xornalismo de proximidade como “garantía de calidade democrática”

Neste sentido, tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, Rueda instou a protexer “o vello oficio de preguntar, escoitar e contrastar”.

En referencia ao galardoado, o responsable do Executivo autonómico destacou tanto “a súa calidade literaria” como a súa capacidade “para conectar coas preocupacións reais da xente”.

Así, definiuno como un “documentalista que toma nota do seu tempo”, sinalando que Rafa Cabeleira explica “maxistralmente” o pequeno para “entender o máis grande, o máis global, que non ten por que ser máis sinxelo”.

Do mesmo xeito, Alfonso Rueda fixo un recoñecemento especial a quen outorga este recoñecemento, o Grupo El Progreso, fundado hai case 120 anos por Purificación de Cora como “unha testemuña privilexiada de como ha ido cambiando Galicia”.

Para o presidente, esta cabeceira e o seu grupo son un exemplo do selo ‘Galicia Calidade’, ao representar “un compromiso constante coa información local”, subliñando que as persoas que traballan nel son un exemplo do “talento e profesionalidade que atesoura esta terra”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...