InicioCultura'...E para comer, Lugo' promocionará a provincia en La Vuelta 2018

‘…E para comer, Lugo’ promocionará a provincia en La Vuelta 2018

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) participará da promoción turística xunto a colaboradores habituais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O paso do certame ciclista por excelencia por Lugo será de novo un magnífico escaparate para atraer visitantes e investimentos. Aliás, a promoción irá alén das dúas etapas que tocarán territorio lucense. Por sétima vez consecutiva, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo (APEHL) promocionará en La Vuelta 2018 o mellor da provincia a través do posto da marca …E para comer, Lugo.

Así o anunciou o presidente da organización empresarial, Cheché Real, que confirmou a presenza de colaboradores habituais e, como non, de Turismo de Galicia. O posto de … E para comer, Lugo estará instalado na zona VIP das 21 saídas de etapa, atendido directamente por persoal da Asociación.

Esta iniciativa consolidada en anteriores edicións goza cada ano de grande acollida por parte do público. De igual xeito, en La Vuelta 2018 servirase a todos os visitantes aperitivos elaborados con produtos da provincia de Lugo e difundiranse exemplares da guía elaborada pola APEHL.

Real agradeceu o apoio da Xunta de Galicia e, como non, aos produtores lucenses que abastecen ao posto de materia prima. Entre os colaboradores nas degustacións atópanse, polo de agora, os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Tenreira Galega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, así como Avimós, Asovega, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia e Afapan.

Cómpre destacar que este ano por primeira vez súmanse á lista de colaboradores a firma Leite 100 % Galega e a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga). Segundo o presidente da APEHL, “son moitas as persoas que eloxian a calidade, a frescura e a variedade dos produtos que se ofrecen no stand da Asociación e así queremos que siga sendo”.

O director de La Vuelta, Javier Guillén, salientou que este proxecto contribúe a facer da proba ciclista máis ca un evento deportivo. Medra así nunha plataforma social, un xeito de espallar as marabillas dos lugares polos que atravesa o percorrido. Neste senso, insistiu no “valor deses lugares” coma elemento de comunicación: La Vuelta foi seguida na pasada edición en máis de dezanove país e alcanzou os 400 millóns de visualizacións.

La Vuelta 2018 acadará a Ribeira Sacra na undécima etapa, o 5 de setembro, e realizará a saída da duodécima proba dende Mondoñedo, o día 6, percorrendo toda a costa dende Ribadeo a O Vicedo, e finalizando en Estaca de Bares.

 

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve a unha muller e a súa filla acusadas de estafar á avoa para que lles dese diñeiro

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a dúas mulleres, nai e filla, que estaban...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

Panadeiros piden “un convenio moderno e con garantías para o sector” na provincia

Un grupo de panadeiros, en representación dos 1.500 que hai na provincia de Lugo,...